Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación renova o programa Voando nas Rías Baixas, con sete rutas...

A Deputación renova o programa Voando nas Rías Baixas, con sete rutas ornitolóxicas durante o ano 2025

- Anuncio -

Da man de SEO/BirdLife, as actividades comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán e, como novidade, inclúese unha nova ruta pola costa sur da Ría de Arousa

A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do programa Voando nas Rías Baixas. En colaboración coa asociación SEO/BirdLife, organizaranse durante este ano un total de sete rutas ornitolóxicas para sensibilizar a poboación sobre os recursos culturais e naturais da provincia de Pontevedra e a importancia de conservar o medio natural. Este ano, como novidade, incorpórase unha nova ruta, a da costa sur da Ría de Arousa, e volven os percorridos das Brañas de Xestoso e o Esteiro do río Miño, que non se realizaron na edición de 2024 do programa pero si en anteriores.

O calendario de actividades de Voando nas Rías Baixas en 2025 comezará o próximo 2 de febreiro en Nigrán, na foz da Ramallosa e Praia América. As inscricións para a estrea deste ano abrirán en dúas semanas, o luns 20 de xaneiro. A seguinte será precisamente a novidade deste ano, a ruta da costa sur da ría de Arousa (Cambados e Vilanova de Arousa), que se celebrará o 9 de marzo. En terceiro lugar, as Brañas de Xestoso (Forcarei e Silleda), o 25 de maio, e posteriormente a ruta da praia da Lanzada (O Grove e Sanxenxo) o 22 de xuño.

O 28 de setembro celebrarase a ruta dos campos e lagoas de Rouxique (Sanxenxo), que irá seguida da do esteiro do río Lérez e a Intermareal Combarro-Lourido (Poio e Pontevedra), o 9 de novembro, e en último lugar a ruta da enseada de San Simón (Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa), pechando o calendario da edición o 14 de decembro.

Igual ca en edicións anteriores, ofértanse 25 prazas por actividade a persoa solicitante poderá inscribirse xunto con tres acompañantes máis. O percorrido, guiado por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento coma para a visita da zona na que ten lugar a actividade e recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición unha guía de aves, prismáticos para observar aves e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas.

Relacionadas

A Vía da Prata, obxectivo de promoción turística da Deputación en 2025, con presenza...

0
O expositor provincial promove a “multiexperiencia” que ofrece o itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que conta con 200 quilómetros en Ourense e transcorre...

A Deputación adica 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás súas familias...

0
Personifica esta campaña Julia Vázquez Álvarez, residente de As Mamoelas (A Bola), primeira muller da zona en sacar o carné de conducir, ferramenta que...

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

0
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu...

Comezan as obras para a nova ludoteca de Ponteareas

0
• A intervención terá un custo de 239.527,85 euros financiados co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia A 200 metros da...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

0
- O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con...

Publicacións Relacionadas