Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación comeza as actividades do Ano Castelao no Museo de Pontevedra...

A Deputación comeza as actividades do Ano Castelao no Museo de Pontevedra cunha visita guiada, a actuación de María do Ceo e a proxección de ‘Castelao: de chumbo a verba’

- Anuncio -

As actividades desenvolveranse na tarde do 7 de xaneiro, día no que se compren 75 anos da morte do artista e intelectual galeguista

O Museo de Pontevedra comeza este martes 7 de xaneiro as actividades polo Ano Castelao, conmemorando o 75 aniversario do seu pasamento cunha visita guiada especial ás 18:00 horas ás salas que lle dedica o Museo, e ás 19:30 horas unha sesión de cine e música: a proxección de ‘Castelao: de chumbo a verba’ e a actuación de María do Ceo.

A visita guiada percorrerá as dúas salas nas que se exhibe unha parte das máis de 1.800 obras súas que conserva o Museo. Nelas está moi presente a súa faceta de artista, pero tamén as de escritor e político galeguista, imposibles de desligar daquela. A visita terá unha duración de arredor de 60 minutos e, durante este ano, repetirase o primeiro martes de cada mes. É necesaria a inscrición previa, que se pode facer a través dun formulario dispoñible na web.

Ás 19:30 horas terá lugar a proxección e a actuación musical. A música correrá a cargo de Maria do Ceo, unha das voces que mellor conecta Galicia e Portugal. Nacida en Oporto, creceu artisticamente no fado, e a el segue dedicando a súa vida. Desde Cartas de Amor (1997), o seu primeiro disco, leva realizado centenares de concertos e catorce discos que marcan un itinerario emocional con múltiples recoñecementos desde as dúas beiras do Miño. 

A continuación proxectarase ‘Castelao: de chumbo a verba’, un documental ficcionado no que se mestura a época actual, os anos centrais da vida de Castelao e imaxes de arquivo para axudar a entender o seu pensamento e a súa dimensión cultural e política. Dirixido por Miguel López en 2017, con Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa no elenco. Ten unha duración de 60 minutos.

Máis actividades polo Ano Castelao

Ao longo do ano, o Museo de Pontevedra vai desenvolver máis accións conmemorativas. O Museo custodia a maior parte da súa obra artística, ademais da súa biblioteca persoal e importante documentación sobre unha figura clave para entender o século XX en Galicia desde o punto de vista artístico, literario e político.

Ademais das actividades presenciais, o Museo lembra que ten dispoñibles a través da web varias opcións para achegarse á obra de Castelao: explorar as obras que forman a súa colección no Museo (https://museo.depo.gal/coleccion/explora-a-coleccion/-/patrimonio/coleccion/27), realizar unha visita virtual polas salas do Museo (https://museo.depo.gal/web/museo/visita-virtual/castelao-artista-personaje-clave-galicia-ga) e descargar en PDF o libro ‘Esenciais. Castelao no Museo de Pontevedra, unha introdución á súa figura e á obra presentes na nosa institución (https://museo.depo.gal/documents/75239/75332/Esenciais_Castelao_web.pdf). 

Relacionadas

A Vía da Prata, obxectivo de promoción turística da Deputación en 2025, con presenza...

0
O expositor provincial promove a “multiexperiencia” que ofrece o itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que conta con 200 quilómetros en Ourense e transcorre...

A Deputación adica 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás súas familias...

0
Personifica esta campaña Julia Vázquez Álvarez, residente de As Mamoelas (A Bola), primeira muller da zona en sacar o carné de conducir, ferramenta que...

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

0
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu...

Comezan as obras para a nova ludoteca de Ponteareas

0
• A intervención terá un custo de 239.527,85 euros financiados co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia A 200 metros da...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

0
- O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con...

Publicacións Relacionadas