Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ultima o prazo para solicitar os máis de 200 obradoiros...

A Deputación ultima o prazo para solicitar os máis de 200 obradoiros da nova edición de +Xuntas

- Anuncio -

O programa provincial de formación para as mulleres da provincia ten un orzamento superior aos 320.000 euros e ofrecerá accións centradas na tecnoloxía, a creatividade, a natureza e a saúde

A Deputación de Pontevedra remata o próximo luns 13 de xaneiro o prazo para que as entidades de mulleres da provincia soliciten algunha das máis de 200 formacións enmarcadas no programa provincial +Xuntas. Con este programa, a institución provincial busca mellorar a formación básica das mulleres e as súas condicións de vida, promover a súa autonomía individual, así como crear redes de apoio para impulsar a participación activa, a sororidade e a xeración de vínculos entre as participantes.

As entidades poden solicitar algún dos 26 obradoiros ofertados, distribuídos en catro áreas temáticas: +Tecnoloxía (de alfabetización dixital, socialización e administración de redes sociais e administración electrónica), +Creatividade (pintura, teatro, encontros con lectoras, patchwork, personalización de álbums e artesanía en coiro), +Natura (plantas medicinais, conservación de alimentos, xardinería, hortas ecolóxicas e arte floral) e +Saúde (ioga, pilates, taichí, ximnasia hipopresiva, menopausa de forma saudable, autocoidado, autoestima e comunicación asertiva, musicoterapia, risoterapia e atención plena). En total ofreceranse 207 obradoiros, polo que se poderán beneficiar 207 entidades.

O programa +Xuntas conta cun orzamento superior aos 323.000 euros, e en cada formación poderán participar grupos de entre 20 e 25 persoas, segundo a especialidade. Terán unha duración de 35 horas e todos eles incluirán un módulo específico de sensibilización sobre igualdade, ademais de estar integrada de xeito transversal en todos os contidos.

Relacionadas

A Vía da Prata, obxectivo de promoción turística da Deputación en 2025, con presenza...

0
O expositor provincial promove a “multiexperiencia” que ofrece o itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que conta con 200 quilómetros en Ourense e transcorre...

A Deputación adica 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás súas familias...

0
Personifica esta campaña Julia Vázquez Álvarez, residente de As Mamoelas (A Bola), primeira muller da zona en sacar o carné de conducir, ferramenta que...

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

0
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu...

Comezan as obras para a nova ludoteca de Ponteareas

0
• A intervención terá un custo de 239.527,85 euros financiados co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia A 200 metros da...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

0
- O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con...

Publicacións Relacionadas