Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación despide o Nadal e abre o centenario da Coral Polifónica...

A Deputación despide o Nadal e abre o centenario da Coral Polifónica coa ‘Despedida do vilancico’ no Museo de Pontevedra

- Anuncio -

O concerto protagonizado polo Coro García Limeses, o Caro Cantum Novum e  a orquestra infantil do CMUS Manuel Quiroga, terá lugar este venres ás 19:30 horas na igrexa de San Bartolomeu

O Museo de Pontevedra celebra este venres 10 de xaneiro ás 19:30 horas o concerto ‘Despedida do vilancico’. Esta cita musical, protagonizada polo Coro Luis García Limeses, a Orquestra Infantil CMUS Manuel Quiroga, o Coro Canticum Novum e a Coral Polifónica de Pontevedra, vén sendo organizado polo Museo desde hai 70 anos. O deste ano servirá de preámbulo da extensa programación que durante o 2025 festexará o centenario da Polifónica.

O programa deste venres está organizado en dúas partes. Na primeira participan o Coro Canticum Novum, coa dirección de Fernando Olbés, e o Coro García Limeses, dirixido por Reyes Carballo. Ambas agrupacións interpretarán conxuntamente “Da Ulla ao meu cabo veño”, composta por Melchor López Jiménez, mestre de capela da Catedral de Santiago de Compostela; e “Christmas Melodiese’, de Battista Pradal.

Na segunda parte únese aos dous coros a orquestra infantil do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra Manuel Quiroga, dirixida por Sergio Heredia. As tres formacións interpretarán cinco temas: “O bo Rei don Wecenslao”, tradicional inglés con letra de Xosé Filgueira Valverde; “The Fist Noel”, tamén tradicional inglés; “The Little Town of Bethlehem”, de Levis Reidner, “Rodolfo el reno”, de Harry Brannon; e “Los pastores de Bormujo”, canción popular de Sevilla.

Ao final do concerto unirase a Coral Polifónica de Pontevedra, para interpretar coas outras tres formacións “Adeste fidelese”, de John Reading; e “Stille Nacht”, de Franz X. Gruber.

Relacionadas

A Vía da Prata, obxectivo de promoción turística da Deputación en 2025, con presenza...

0
O expositor provincial promove a “multiexperiencia” que ofrece o itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que conta con 200 quilómetros en Ourense e transcorre...

A Deputación adica 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás súas familias...

0
Personifica esta campaña Julia Vázquez Álvarez, residente de As Mamoelas (A Bola), primeira muller da zona en sacar o carné de conducir, ferramenta que...

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

0
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu...

Comezan as obras para a nova ludoteca de Ponteareas

0
• A intervención terá un custo de 239.527,85 euros financiados co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia A 200 metros da...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

0
- O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con...

Publicacións Relacionadas