Home Deputacións Deputación Pontevedra A vicepresidenta da Deputación presenta o Campionato Galego de Natación Máster de...

A vicepresidenta da Deputación presenta o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno que acollerá Ponteareas esta fin de semana

- Anuncio -

A vicepresidenta primeira e responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Concello de Ponteareas no acto de presentación do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno, que acollerá o Complexo Deportivo Álvaro Pino esta fin de semana. No acto, no que tamén estivo presente a alcaldesa da vila do Corpus e deputada provincial, Nava Castro; o concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez; presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, e o presidente e director técnico do CN Ponteareas, Andrés Carrera, a vicepresidenta amosou o orgullo de que Ponteareas volva acoller “unha proba deportiva que é xa unha cita tradicional no calendario galego de competición e que nos mostra, unha vez máis, a importancia que o deporte ten para a nosa provincia”.

Sánchez aproveitou a ocasión para felicitar ao Club de Natación de Ponteareas pola súa “longa traxectoria poñendo en marcha probas de éxito” como este Campionato, no que participarán preto de 500 nadadores e nadadoras de máis de 30 clubs de toda a xeografía galega, unha cifra récord nesta competición. Tamén remarcou o compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte, “un dos piares da sociedade e unha das grandes prioridades do noso goberno” e lembrou que a institución provincial mobilizará este ano “a maior cantidade de recursos que xamais recibiu o deporte desta provincia, cuns orzamentos que se incrementan ata o 15% neste área”. “Queremos que Pontevedra e deporte sexan un binomio irrompible ata converternos no maior escaparate mundial do deporte”, asegurou a vicepresidenta provincial.

Relacionadas

A Vía da Prata, obxectivo de promoción turística da Deputación en 2025, con presenza...

0
O expositor provincial promove a “multiexperiencia” que ofrece o itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que conta con 200 quilómetros en Ourense e transcorre...

A Deputación adica 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás súas familias...

0
Personifica esta campaña Julia Vázquez Álvarez, residente de As Mamoelas (A Bola), primeira muller da zona en sacar o carné de conducir, ferramenta que...

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

0
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu...

Comezan as obras para a nova ludoteca de Ponteareas

0
• A intervención terá un custo de 239.527,85 euros financiados co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia A 200 metros da...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

0
- O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con...

Publicacións Relacionadas