Home Xunta de Galicia Xosé Merelles destaca o éxito de ‘Nadal en Galicia’ que posiciona a...

Xosé Merelles destaca o éxito de ‘Nadal en Galicia’ que posiciona a comunidade como destino de inverno

- Anuncio -

— O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial en Lugo visitaron o Belén de Begonte


— Xosé Merelles destacou que a demanda turística na provincia de Lugo incrementouse un 8,5% nos once primeiros meses de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, puxo en valor o tirón da programación ‘Nadal en Galicia’ que permitiu diversificar no mes de decembro o destino galego a través de 55 propostas en máis de 25 vilas e cidades galegas con citas ao redor da temática navideña, contribuíndo así a posicionar a Comunidade como destino de inverno. O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta na provincia lucense, Javier Arias, visitaron esta mañá o Belén de Begonte, declarado de interese turístico de Galicia e que este ano celebra a súa 53 edición. O nacemento permanecerá aberto no Centro Cultural ‘José Domínguez Guzmán’ ata o 1 de febreiro.

Trala visita, Xosé Merelles destacou que o Belén de Begonte, que é visitado cada ano por unhas 40.000 persoas, xunto con outro tipo de manifestacións tradicionais vinculadas ás celebracións de Nadal tamén incluídas na programación difundida por Turismo de Galicia, suman atractivos á oferta turística da Comunidade.

O director de Turismo de Galicia tamén se referiu aos datos turísticos da provincia de Lugo e eloxiou o bo comportamento rexistrado de xaneiro a novembro de 2024. Segundo o INE en relación á ocupación nos aloxamentos da Comunidade galega, Lugo -con 1,5 millóns de noites- absorbe o 13% da demanda aloxativa de Galicia, incrementando ademais, un 8,5% o volume de noites con respecto ao mesmo período de 2023.

“Son sen dúbida datos que avalan o interese turístico que está a espertar esta provincia no conxunto de viaxeiros que nos visitan cada ano e que sumaron case 7 millóns nos primeiros once meses de 2024”, salientou o director de Turismo de Galicia, destacando ademais a desestacionalización observada en meses coma febreiro (+3,8%), marzo (+26,4% por efecto Semana Santa), maio (+11,1%), setembro (+1,6%) e novembro (+12,2%).

Tradición e innovación
O delegado territorial destacou o orgullo para a provincia de contar cun evento tan singular como é o Belén de Begonte, que combina tradición e innovación, e que “foi pasando de xeración en xeración converténdose nun referente do Nadal en Galicia”.

Ademais, eloxiou a inxente programación complementaria que xurde á par deste nacemento. Así, Javier Arias lembrou que “na sala de exposicións da Delegación Territorial pódese visitar ata o 13 de xaneiro unha mostra coas 14 obras que se presentaron ao XXXV Certame Galego de Arte ‘José Domínguez Guizán’, organizado no marco da convocatoria Ou Nadal en Begonte”.

Relacionadas

Román Rodríguez destaca un investimento de máis de 1,6M€ na rehabilitación integral do Colexio CEIP Pedro Barrié...

0
— Enmárcase na segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica, que eleva a preto de 500M€ o investimento da Xunta en obras ao...

A Xunta adxudica axudas a 78 escolas de música de 67 concellos nas que estudan case 12.200 alumnos

0
Benefícianse desta liña, dotada con 265.000€, centros que dependen tanto de administracións municipais como de entidades sen ánimo de lucro Funcionan como canteira para a...

A Xunta apoia o concello de Cerdido na adquisición dun vehículo para servizos municipais

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes comprobou o funcionamento do pick-up financiado a través dun convenio co Goberno galego — O Goberno galego...

Galicia rexistra un mes de decembro cálido e moi seco

0
O avance do informe mensual de MeteoGalicia establece que foi un período moi seco xa que as precipitacións rexistradas na Comunidade foron un 55%...

A Xunta convoca axudas para actuacións de mellora das árbores e formacións senlleiras de...

0
Este financiamento pode cubrir ata o 100% do custo da actuación, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € se...

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia no suroeste da Coruña

0
― Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112...

Publicacións Relacionadas