Home Pontevedra O Salnés O BNG denuncia deficiencias nas instalacións do ximnasio e da piscina municipal

O BNG denuncia deficiencias nas instalacións do ximnasio e da piscina municipal

- Anuncio -

A chegada da choiva volve reproducir os problemas de humidade e filtración de auga nas instalacións, situación que xa foi denunciada por usuarios e usuarias hai uns meses 

A suba dos prezos decretada por Telmo Martín non se traduce nun mantemento acorde ás necesidades das dependencias, advirten os nacionalistas

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo denuncia o mal estado no que se atopan as instalacións do ximnasio e da piscina municipal de Baltar, un feito que volve quedar patente co empeoramento das condicións meteorolóxicas. A chegada da chuvia provoca que se estean a repetir no interior das dependencias escenas que xa foron advertidas por numerosos usuarios e usuarias en meses anteriores. Os nacionalistas fan mención ás filtracións de auga e da acumulación de humidade que se rexistra no ximnasio. Un dos principais focos rexístrase na zona próxima ao espazo de cardio. Desde o Bloque sinalan que persoas que fan uso destas instalacións amosan o seu malestar porque “nesa parte hai tanta humidade que non se pode deixar material nin facer exercicio sen risco de esvarar”.
As devanditas filtracións xa se rexistraron con asiduidade durante parte do outono, cando a choiva tamén foi protagonista. “Semella que a única solución que pode achegar o Goberno do PP é agardar a que faga bo tempo para que non se produzan estes problemas”, ironiza o voceiro nacionalista, Fran Leiro. A estas deficiencias hai que sumar outras como o mal funcionamento dalgunhas duchas, como a de auga quente que
utilizan os usuarios e usuarias da piscina antes de introducirse no vaso, e que leva varias semanas fóra de servizo. “Agora mesmo, as opcións antes de meterse na auga son ou ben facelo usando a ducha da auga fría, en pleno inverno, ou facelo nos vestiarios e atravesar o acceso ata o vaso mollado, nunha zona que tampouco está ben illada”, denuncia o

BNG. Os nacionalistas cargan contra o alcalde, Telmo Martín, pola súa incapacidade para acometer un arranxo “que non debería ser tan complicado de facer, máxime cando as instalacións péchanse durante medio mes en setembro, precisamente para realizar tarefas de mellora, segundo di o propio Goberno local, pero que non van máis alá dunha man de chapa e pintura”.
Deste xeito, o encaracemento de prezos da piscina municipal aprobado polo Partido Popular a mediados de 2024 non se corresponde coa mellora do estado que deberían presentar as instalacións. Sobre este particular, o Bloque lembra que este incremento das tarifas afectou a todos os usuarios e usuarias, que tiveron que facer fronte a aumentos como o da cota de inscrición, que agora custa 15 euros (antes estaba fixada en 10). Esa situación afecta especialmente ás persoas doutros concellos que fan uso do ximnasio e da piscina, sobre todo á hora de contratar os bonos de 15 pases (45 euros desde a actualización da taxa, polos 33 anteriores.
Todo isto demostra o denunciado polo Bloque Nacionalista Galego en varias ocasións: Telmo Martín non ten o máis mínimo interese en optimizar e mellorar este servizo. “Os custes son máis elevados, pero continúan os problemas de filtracións, o illamento é deficiente e non se instala luminaria LED”, enumeran os nacionalistas, que conclúen que “a única pretensión do señor Martín é seguir recadando a través de máis taxas e máis impostos, sen importalle as necesidades reais da veciñanza”.

Relacionadas

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

0
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu...

Comezan as obras para a nova ludoteca de Ponteareas

0
• A intervención terá un custo de 239.527,85 euros financiados co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia A 200 metros da...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

0
- O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con...

Luis López salienta o “compromiso constante” coa mellora da rede viaria provincial: 1,3M€ para...

0
O presidente provincial presenta o proxecto para a reposición do firme e mellora dos servizos para un treito de 5,5 quilómetros entre as localidades...

O Rosal abre as portas á memoria coa exposición ‘Voces e raíces’

0
A mostra, posta en marcha polas estudantes de Belas Artes Sara Cividanes, Yaiza Vila e Nayade Castro, inaugurarase este sábado 11 no salón de...

Publicacións Relacionadas