Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López destaca o Gran Camiño como un novo paso adiante para...

Luis López destaca o Gran Camiño como un novo paso adiante para consolidar á “provincia do deporte” como un destino turístico descentralizado e desestacionalizado

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado pola deputada provincial e alcaldesa de Marín, María Ramallo, presenta o percorrido da segunda etapa da cuarta edición desta carreira ciclista, que unirá a vila marinense coa Estrada o vindeiro 27 de febreiro

“O Gran Camiño é máis ca un espectáculo deportivo, é aplicar o municipalismo ao deporte descentralizando das grandes cidades os grandes eventos”, sinala López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reafirma ás Rías Baixas como a “provincia do deporte” na presentación do percorrido da segunda etapa do Gran Camiño, que se celebrará o vindeiro 27 de febreiro cun percorrido entre os concellos de Marín e A Estrada. A cuarta edición desta carreira ciclista, unha referencia no calendario internacional e un acontecemento deportivo de impacto global, volverá traer á provincia de Pontevedra aos mellores ciclistas do mundo, dará a coñecer a riqueza natural e paisaxística do territorio e afondará na consolidación dun modelo turístico sustentable e desestacionalizado ligado ao deporte.

“Despedimos o ano 2024 anunciando un acontecemento de impacto mundial: o regreso do pelotón de La Vuelta a España á nosa terra, cunha etapa entre Poio e Mos; e damos a benvida ao 2025, con outra nova de gran relevancia: O Gran Camiño volverá traer á nosa provincia ao mellor do ciclismo mundial. É dicir, no 2025, Pontevedra seguirá sendo a provincia do ciclismo, a provincia do deporte”, afirmou o presidente nun acto no que tamén participaron a deputada provincial e alcaldesa de Marín, María Ramallo; o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao; e o director da carreira, Ezequiel Mosquera.

Despois do espectáculo ofrecido o ano pasado coa celebración da etapa definitiva entre Ponteareas e o alto do Monte Aloia en Tui, o pelotón volve atravesar a provincia cunha etapa de media montaña con saída desde Marín e meta na Estrada, que pasará por municipios como Pontevedra, Barro, Caldas ou Cuntis; e que contará con ascenso a portos de segunda e terceira categoría que conforman unha etapa que evocará ao espírito das clásicas. As novidades desta cuarta edición do Gran Camiño, que se celebrará entre o 26 de febreiro e o 2 de marzo, pasan pola incorporación dunha quinta etapa e cun comezo de carreira novidoso no país veciño de Portugal cun percorrido entre Maia e Matosinhos.

O deporte é un área estratéxica para a Deputación de Pontevedra, que incrementou un 15 % no Orzamento deste ano a partida destinada a deportes para situala en 6,4 M€. Unha aposta que se complementa co crecente apoio a deportistas, clubs e federacións, coa mellora das instalacións municipaos a través do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que este ano dobra os seus recursos ata os 8M€; ou a máxima colaboración con eventos deportivos de impacto global como o Gran Camiño ou a través da liña de subvencións para organizar competicións deportivas de interese turístico.

Neste sentido, o Gran Camiño conta con todos os ingredientes que busca a Deputación para seguir construíndo a provincia do deporte. “O Gran Camiño é moito máis ca un grande espectáculo deportivo. É aplicar o municipalismo tamén no deporte, descentralizando das grandes cidades os grandes eventos; é  demostrar que a nosa provincia, desde a costa ao interior, está chea de experiencias 100 % Rías Baixas e é apostar por un modelo de turismo ligado ao deporte”, sinalou o presidente provincial. Do mesmo xeito, a alcaldesa e deputada María Ramallo salientou que “o ciclismo é un escaparate estupendo para a nosa provincia”.

Despois de agradecer o traballo e implicación dos rexedores dos concellos polos que transcorre a etapa, especialmente aos de saída e meta, Marín e A Estrada, así como do papel de Ezequiel Mosquera e o seu equipo como promotor dun evento de tanta relevancia como o Gran Camiño, rematou o dirixente provincial convidando a todos os amantes do ciclismo a desfrutar o vindeiro 27 de febreiro dun espectáculo deportivo de primeira, “unha experiencia 100 % Rías Baixas”, concluíu Luis López.

Relacionadas

A Vía da Prata, obxectivo de promoción turística da Deputación en 2025, con presenza...

0
O expositor provincial promove a “multiexperiencia” que ofrece o itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que conta con 200 quilómetros en Ourense e transcorre...

A Deputación adica 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás súas familias...

0
Personifica esta campaña Julia Vázquez Álvarez, residente de As Mamoelas (A Bola), primeira muller da zona en sacar o carné de conducir, ferramenta que...

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

0
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu...

Comezan as obras para a nova ludoteca de Ponteareas

0
• A intervención terá un custo de 239.527,85 euros financiados co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia A 200 metros da...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

0
- O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con...

Publicacións Relacionadas