Home Pontevedra O Condado O campo de fútbol Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros camiña cara...

O campo de fútbol Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros camiña cara a a súa modernización cunha inversión de máis de 600.000€

- Anuncio -

O Concello de Salvaterra de Miño na súa aposta pola mellora das instalacións deportivas do municipio consegue máis de 600.000 euros para o proxecto de mellora e optimización das instalacións deportivas do campo de fútbol Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros, 338.717,58 € a través da subvención e axudas do Consello Superior de Deportes a entidades públicas titulares de infraestruturas para mellora e optimización de instalacións e espacios deportivos que fomenten o turismo deportivo sostible, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia e  302.229,20€ a través do Fondo de Cooperación Local destinado á realización de inversión en infraestruturas municipais de carácter estratéxico da Xunta de Galicia. 

Logo de aprobar por máis de 243.000 euros as melloras nas infraestruturas deportivas das instalacións deportivas do Casal e no Campo de Fútbol do Oural, obras que comezarán a principio de ano, e de preparar un proxecto de mellora para executar nos próximos meses por máis de 136.000 euros nas instalacións deportivas da Canuda; o Concello de Salvaterra iniciará nos próximos meses as obras de mellora do Campo de Futbol Antonio Bernárdez Gándara – Dextros co fin de que este campo, que a día de hoxe xa conta cuns dos mellores campos de xogo da provincia, sexa un referente en eficiencia e modernidade. 

Estas obras suporán unha actualización das instalacións existentes e unha mellora da eficiencia enerxética das mesmas, xerando un espazo deportivo adaptado ás necesidades actuais en eficiencia enerxética, accesibilidade, dixitalización e con capacidade de xerar incremento de actividade económica e atracción turística sostible. 

As obras de mellora inclúen o cambio de alumeado a led que suporá unha reducción de máis dun 50% no consumo, paneis solares na cuberta da grada, un sistema de fototermia con catro acumuladores de 200, un sistema de renovación de aire en vestiarios e aseos e sistema de alumeado a led. Ademais contémplase a renovación de vestiarios, cimentacións, fachada, carpintaría e cuberta, illamentos, fontanería e saneamento, e a renovación dunha parte do peche perimetral. Outras melloras serán o novo aseo adaptado na zona de caldeiras, persiana de peche na zona de cantina, nova cuberta na grada e saneamento da estrutura, mellora no acceso ó recinto deportivo con bancos,

Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA Tlfs: 986 65 81 26 – 986 65 80 82 comunicacion@concellodesalvaterra.org 

árbores, pérgola, papeleiras e elementos para mellorar a accesibilidade. Por outra banda instalarase un vídeo marcador dixital de 3×2 metros ademais de incluir a xestión automática de acendidos e apagados e funcionamento climatizador e mellora na rede perimetral do recinto. 

Con esta intervención o Campo de Fútbol Antonio Bernárdez Gándara-Dextros será un auténtico referente en toda a comunidade. Salvaterra de Miño é un Concello que crece, con poboación xove que practica deporte e que necesita que as súas instalacións sexan modernas e eficientes.

Relacionadas

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

0
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu...

Comezan as obras para a nova ludoteca de Ponteareas

0
• A intervención terá un custo de 239.527,85 euros financiados co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia A 200 metros da...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Chega ao Piñeiral o XI Ciclo de Teatro de Chapela cargado de humor

0
- O ciclo ofrece funcións coas compañías Teatro Agarimo, de Vigo, coa obra “Un funeral para morrer coa risa”;  Lúa Chea, de Poio, con...

Luis López salienta o “compromiso constante” coa mellora da rede viaria provincial: 1,3M€ para...

0
O presidente provincial presenta o proxecto para a reposición do firme e mellora dos servizos para un treito de 5,5 quilómetros entre as localidades...

O Rosal abre as portas á memoria coa exposición ‘Voces e raíces’

0
A mostra, posta en marcha polas estudantes de Belas Artes Sara Cividanes, Yaiza Vila e Nayade Castro, inaugurarase este sábado 11 no salón de...

Publicacións Relacionadas