Home Xunta de Galicia A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia no suroeste da Coruña

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia no suroeste da Coruña

- Anuncio -

― Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese


― Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Goberno galego informou da situación aos concellos da provincia afectada, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros

A Xunta vén de activar a alerta laranxa por chuvia no suroeste da Coruña, ademais de manter a de vento no oeste desta provincia e de temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), prevense precipitacións acumuladas en 12 horas de 80 mm. O resto da provincia da Coruña está en alerta amarela. A Xunta lembra a importancia de circular con precaución ante as intensas precipitacións e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Ademais, o fenómeno meteorolóxico adverso deixará rachas de ata 100 quilómetros por hora con ventos de compoñente sur no oeste da Coruña. O resto da provincia, así como a de Pontevedra e Lugo, e o noroeste e a montaña de Ourense están en alerta amarela.

Nestas zonas, sinálase a importancia de seguir as medidas de protección, como retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento.

Con respecto ao temporal costeiro, o vento do suroeste será de forza 8 e poderá acadar de xeito ocasional forza 9 con mar combinada do oeste ao suroeste con ondas de ata sete metros. A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión da actividade deportiva federada no mar nos concellos afectados durante a xornada de hoxe.

A maiores, logo de recibir un aviso da Aemet ás 7,18 horas desta mañá, no que informan dun fenómeno meteorolóxico adverso observado por vento e de nivel laranxa para a zona Oeste da provincia de Coruña, vén de reunirse a Comisión Escolar de Alertas, que acordou suspender no día de hoxe mércores as actividades no exterior dos centros educativos radicados na zona oeste da provincia da Coruña. Segundo o mapa de zonas climáticas de Meteogalicia, este aviso atinxe a dez concellos da Costa da Morte que son Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Relacionadas

Xosé Merelles estudia un encontro co presidente de Agalber unha futura liña de colaboración...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, no...

Rueda anuncia a licitación dun novo treito da autovía Tui-A Guarda, no que se...

0
 Salienta que se trata do treito entre o enlace do polígono de Areas en Tui e a PO-350 xa en Tomiño, co inicio...

A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía electrónica o...

0
Ángeles Vázquez avanza que esta será unha das principais novidades da futura Lei de administración ambiental simplificada para responder ás demandas do sectorDestaca que...

A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 euros en axudas a máis de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 70 achegas concedidas neste eido durante o ano...

A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos e particulares...

0
— O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe as bases reguladoras das dúas ordes de subvencións, que os interesados poderán solicitar a partir do...

A Xunta lanzará este ano a 2ª edicióndo proxecto Fixar para continuar impulsando a...

0
Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o...

Publicacións Relacionadas