Home Xunta de Galicia A Xunta convoca axudas para actuacións de mellora das árbores e formacións...

A Xunta convoca axudas para actuacións de mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia cun orzamento de 90.000 euros

- Anuncio -
  • Este financiamento pode cubrir ata o 100% do custo da actuación, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € se é unha formación
  • Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 202 elementos —155 exemplares e 47 formacións arbóreas— pertencentes a 84 especies diferentes

A Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de axudas para actuacións de mellora, conservación e divulgación das árbores e formacións senlleiras da Comunidade cun orzamento de 90.000 euros.

Son dúas liñas de axudas, das que unha está dirixida a concellos ou agrupacións locais que sexan titulares dalgún destes elementos, dotada con 30.000 euros; e a outra, a persoas físicas ou xurídicas propietarias dunha árbore ou formación senlleira, cun orzamento de 60.000 euros. Estas axudas poden chegar a cubrir ata o 100% do custo da actuación, cun límite de 4.500 euros por árbore e de ata 8.000 euros cando se trate dunha formación.

Entre as intervencións subvencionables cómpre salientar a realización de podas, formación e control da copa, a aplicación de tratamentos fitosanitarios, accións encamiñadas á conservación e mellora do entorno dos elementos catalogados, actuacións de divulgación e sinalización, e a realización de estudos.

O catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables.

Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 202 elementos —155 exemplares e 47 formacións arbóreas— pertencentes a 84 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:

PROVINCIAÁRBORESFORMACIÓNSTOTAL
A Coruña431457
Lugo35742
Ourense22628
Pontevedra552075
Total15547202

Relacionadas

Xosé Merelles estudia un encontro co presidente de Agalber unha futura liña de colaboración...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, no...

Rueda anuncia a licitación dun novo treito da autovía Tui-A Guarda, no que se...

0
 Salienta que se trata do treito entre o enlace do polígono de Areas en Tui e a PO-350 xa en Tomiño, co inicio...

A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía electrónica o...

0
Ángeles Vázquez avanza que esta será unha das principais novidades da futura Lei de administración ambiental simplificada para responder ás demandas do sectorDestaca que...

A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 euros en axudas a máis de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 70 achegas concedidas neste eido durante o ano...

A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos e particulares...

0
— O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe as bases reguladoras das dúas ordes de subvencións, que os interesados poderán solicitar a partir do...

A Xunta lanzará este ano a 2ª edicióndo proxecto Fixar para continuar impulsando a...

0
Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o...

Publicacións Relacionadas