Home Xunta de Galicia Galicia rexistra un mes de decembro cálido e moi seco

Galicia rexistra un mes de decembro cálido e moi seco

- Anuncio -
  • O avance do informe mensual de MeteoGalicia establece que foi un período moi seco xa que as precipitacións rexistradas na Comunidade foron un 55% inferiores aos valores normais nesta época do ano
  • A anomalía media da temperatura media para este mes situouse nos 0,8 graos, polo que se trata dun decembro cálido

Galicia rexistrou un mes de decembro cálido e moi seco, segundo o avance do último informe meteorolóxico elaborado por MeteoGalicia.

Durante o pasado mes as situacións de altas presións foron máis frecuentes do que cabería agardar nesta época do ano, o que fai que as chuvias rexistradas estean bastante por debaixo do valor climatolóxico habitual. En canto ás temperaturas, os valores medios estiveron próximos aos normais ou lixeiramente por riba, xa que, aínda que durante os períodos anticiclónicos ocorren importantes descensos térmicos durante as madrugadas, os valores diúrnos foron moi altos para un mes de decembro.

Deste xeito, segundo os valores rexistrados nas estacións meteorolóxicas máis representativas, a anomalía media da temperatura media para este mes situouse nos 0,8 graos, polo que se trata dun decembro cálido.

Máis polo miúdo, o valor medio da temperatura máxima foi de 11,8 graos mentres que no caso da mínima foi de 4,7 graos. Os valores máis altos das temperaturas máximas rexistráronse preto das rías nas áreas da Fosa Padrón-Tui e na comarca do Salnés -entre 14,7 e 15,3 graos- e os máis baixos das mínimas oscilaron entre os 0,7 e os 1,6 graos en gran parte do leste da provincia de Ourense.

No que atinxe ás precipitacións, a chuvia media acumulada durante o mes pasado foi de 86 litros por metro cadrado, un rexistro que reflicte que as chuvias que se recolleron no conxunto da Comunidade foron un 55% inferiores aos valores climáticos normais polo que se pode considerarse un decembro moi seco.

Os acumulados máis altos déronse nas serras litorais e no interior da provincia da Coruña, con valores entre os 180 e 220 litros por metro cadrado. A menor cantidade de precipitación, comprendida entre 10 e 20 litros por metro cadrado, rexistrouse na provincia de Ourense.

Relacionadas

Xosé Merelles estudia un encontro co presidente de Agalber unha futura liña de colaboración...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, no...

Rueda anuncia a licitación dun novo treito da autovía Tui-A Guarda, no que se...

0
 Salienta que se trata do treito entre o enlace do polígono de Areas en Tui e a PO-350 xa en Tomiño, co inicio...

A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía electrónica o...

0
Ángeles Vázquez avanza que esta será unha das principais novidades da futura Lei de administración ambiental simplificada para responder ás demandas do sectorDestaca que...

A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 euros en axudas a máis de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 70 achegas concedidas neste eido durante o ano...

A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos e particulares...

0
— O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe as bases reguladoras das dúas ordes de subvencións, que os interesados poderán solicitar a partir do...

A Xunta lanzará este ano a 2ª edicióndo proxecto Fixar para continuar impulsando a...

0
Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o...

Publicacións Relacionadas