Home Pontevedra Baixo Miño A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

- Anuncio -
Pode recollerse un exemplar na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu calendario solidario que ten por lema “A Eurocidade Tui-Valença non se sente, vívese!”.  As páxinas deste almanaque de 2025 están ilustradas con fotografías de Tui e de Valença que recollen elementos patrimoniais ou paisaxes da Eurocidade.

Así a Cruz do Monte Aloia, que neste 2025 cumpre 125 anos, abre a páxina do mes de xaneiro. En febreiro é a imaxe de San Teotonio en Ganfei a que ilustra esta páxina coincidindo coa festividade, o 18 de febreiro, do que foi o primeiro santo portugués.

A capela de San Telmo en Tui é a imaxe do mes de marzo, o Miradouro de Sant’ana no Monte Faro a de abril, o palco da música de San Bartolomeu a de maio, e a ponte internacional e o río Miño a de xuño.   

Unha fotografía do solpor no río Miño ocupa a páxina do mes de xullo; o carocho, barco típico do Miño, a de agosto; o Paseo da Corredoira a de setembro, e o mosteiro de San Fins a de outubro.  En novembro, coincidindo co 800 aniversario da Catedral é unha vista do principal templo da cidade a que ilustra  a páxina do penúltimo mes do ano. O calendario péchase cunha fotografía da fortaleza de Valença na páxina correspondente ao mes de decembro.  

En Tui o calendario pode recollerse na casa do concello a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros. En Valença a distribución, tamén a cambio de alimentos non perecedoiros, realízase na Câmara Municipal de Valença, na Biblioteca Municipal, nas Piscinas Municipais ou no posto de Turismo. 

Relacionadas

Concerto de Nadal da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

0
A Deputación de Pontevedra programou unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolveron nos meses de decembro...

Dá comezo a humanización da Praza Victoria Cadaval en Sabarís

0
A proposta para a humanización da Praza Victoria Cadaval en Baiona busca dar resposta ás necesidades dos veciños e transformar este espazo central do...

O Concello de Ponteareas entrega a tenda “Oriente 15”o primeiro premio do Concurso de...

0
• O segundo premio foi para a tenda “Mi Casa” e o terceiro premio para o comercio “Bamboo” O Concello de Ponteareas entregou os premios...

Pilar Palomero, Alauda Ruiz de Azúa, Iván Pellicer e Miguel Bernardeau pechan as previas...

0
‘Os escintileos’ e ‘Querer’ completan as películas e series nomeadas das previas celebradas en Pontevedra  desde outubro  Estes invitados súmanse aos xa anunciados Candela Peña,...

O VII Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo reunirá a máis de...

0
14 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de...

Centos de veciños de Mos comezan a mobilizarse contra o novo trazado da A52

0
A primeira das reunións informativas celebrada onte no Multiusos e dirixida a Sanguiñeda encheu o auditorio con habitantes da parroquiaHoxe repetirase a xuntanza con...

Publicacións Relacionadas