Home Xunta de Galicia A Xunta adxudica axudas a 78 escolas de música de 67 concellos nas que estudan case...

A Xunta adxudica axudas a 78 escolas de música de 67 concellos nas que estudan case 12.200 alumnos

- Anuncio -

Benefícianse desta liña, dotada con 265.000€, centros que dependen tanto de administracións municipais como de entidades sen ánimo de lucro

Funcionan como canteira para a formación de afeccionados e para a preparación de alumnos para o acceso a ensinanzas regradas

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se conceden as axudas dirixidas a escolas de música públicas e privadas dependentes de concellos e de institucións sen ánimo de lucro. En total a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destina 265.000€ a estas subvencións, das que este ano se benefician 78 escolas de 67 concellos de toda a xeografía galega, nas que estudan case 12.200 alumnos.

A convocatoria establece dúas categorías, unha para escolas de música públicas dependentes dos concellos e outra para as que dependan de institucións sen ánimo de lucro. En ambos os casos, os centros debían estar incluídos no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O obxectivo desta convocatoria é potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música non regradas, dirixidas ao público en xeral, e prestarlles apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte, tanto dos concellos como das entidades sen ánimo de lucro que teñen entre os seus fins a formación musical.

Non en balde, este tipo de escolas funcionan como canteira para a formación de afeccionados e nas súas instalacións prepárase ao alumnado para as probas de acceso aos estudos conducentes á titulacións oficiais de Música.

Na primeira categoría concédense axudas por un importe total de 100.000€ ás seguintes 42 escolas:

ConcelloEscola de música
AbegondoEscola de Música Municipal de Abegondo
AllarizEscola de Música Municipal de Allariz
AmesEscola de Música Municipal de Ames
Baña, AEscola de Música Municipal da Baña
BarbadásEscola de Música Municipal de Barbadás
BegonteEscola de Música Municipal de Begonte
BriónEscola de Música Municipal Magariños
Cabana de BergantiñosEscola de Música Municipal de Cabana de Bergantiños
Caldas de ReisEscola de Música Municipal de Caldas de Reis
CangasEscola de Música Municipal Mestre Inocentes Camaño
Carballiño, OEscola de Música Municipal do Carballiño
CarnotaEscola de Música Municipal de Carnota
CatoiraEscola de Música Municipal de Catoira
CeeEscola de Música Municipal de Cee
GuitirizEscola de Música Municipal de Guitiriz
LugoEscola de Música Municipal de Lugo
MacedaEscola de Música Municipal de Maceda
MarínEscola de Música Municipal Mestre Landín Pazos
MeañoEscola de Música Municipal de Meaño
MeiraEscola de Música Municipal de Meira
MoañaEscola de Música Municipal de Moaña
MondarizEscola de Música Municipal de Mondariz
MondoñedoEscola de Música Municipal O Pallarego
MorañaEscola de Música Municipal de Moraña
MurosEscola de Música Municipal de Muros
NegreiraEscola de Música Municipal de Negreira
OrdesEscola de Música Municipal de Ordes
OrosoEscola de Música Municipal de Oroso José Verea Montero
OrtigueiraEscola de Música Municipal de Ortigueira
Pobra do Brollón, AEscola de Musica Municipal Samoeiro
PonteareasEscola de Música Municipal Vila do Corpus de Ponteareas
Pontenova, AEscola de Música Municipal da Pontenova
Porto do SonEscola de Música Municipal de Porto do Son
RibadaviaEscola de Música Municipal de Ribadavia
RibadeoEscola de Música Municipal de Ribadeo
San Cibrao das ViñasEscola de Música Municipal de San Cibrao das Viñas
SanxenxoEscola de Música Municipal Lied_em
SilledaEscola de Música Municipal de Silleda
SoberEscola de Música Municipal de Sober
ValgaEscola de Música Municipal de Valga
Vila de CrucesEscola de Música Municipal de Vila de Cruces (Artística de Merza)
Vilagarcía de ArousaEscola de Música Municipal Bernardo del Río Parada

Na segunda categoría outórganse axudas por importe de 165.000€ ás seguintes 36 escolas:

ConcelloEscola de música
AgoladaEMUSPR de Agolada
BarroEMUSPR de Barro
CambreEMUSPR Sementeira de Cambre
CangasEMUSPR Staccato
CelanovaEMUSPR EMBC
Cerdedo-CotobadeEMUSPR Escola de Música da Banda Unión Musical de Tenorio
ChantadaEMUSPR Casa da Música de Chantada
Coruña, AEMUSPR Compañía de María
GondomarEMUSPR Agrupación Musical de Vincios
LalínEMUSPR Banda de Lalín
LalínEMUSPR Escola de Música de Vilatuxe
MosEMUSPR de Mos
PonteareasEMUSPR Unión de Guláns
PonteareasEMUSPR de Xinzo
Pontes de García Rodríguez, AsEMUSPR Escola de Música das Pontes
PontevedraEMUSPR de Salcedo
RedondelaEMUSPR de Chapela
RianxoEMUSPR de Rianxo
RibadaviaEMUSPR Mestre Veneroni
RibadumiaEMUSPR Escola de Música de Ribadumia
Rosal, OEMUSPR Agrupación Musical do Rosal
Salceda de CaselasEMUSPR Asociación Amigos da Música
SantisoEMUSPR de Visantoña
TeoEMUSPR de Calo, Teo
TomiñoEMUSPR Escola de Música Goián
TuiEMUSPR Escola da Banda de Música Popular de Tui
VigoEMUSPR Atlántida
VigoEMUSPR de Beade
VigoEMUSPR Unión Musical de Coruxo
VigoEMUSPR de Valadares
VigoEMUSPR Escola de Música Ateneo Musical de Bembrive
VigoEMUSPR Escola de Música Val do Fragoso
VigoEMUSPR Escola de Música Lira de San Miguel de Oia
VilaboaEMUSPR de Vilaboa
Vilanova de ArousaEMUSPR de Vilanova
Xinzo de LimiaEMUSPR da Limia

Relacionadas

Xosé Merelles estudia un encontro co presidente de Agalber unha futura liña de colaboración...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, no...

Rueda anuncia a licitación dun novo treito da autovía Tui-A Guarda, no que se...

0
 Salienta que se trata do treito entre o enlace do polígono de Areas en Tui e a PO-350 xa en Tomiño, co inicio...

A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía electrónica o...

0
Ángeles Vázquez avanza que esta será unha das principais novidades da futura Lei de administración ambiental simplificada para responder ás demandas do sectorDestaca que...

A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 euros en axudas a máis de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 70 achegas concedidas neste eido durante o ano...

A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos e particulares...

0
— O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe as bases reguladoras das dúas ordes de subvencións, que os interesados poderán solicitar a partir do...

A Xunta lanzará este ano a 2ª edicióndo proxecto Fixar para continuar impulsando a...

0
Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o...

Publicacións Relacionadas