Home A Coruña Román Rodríguez destaca un investimento de máis de 1,6M€ na rehabilitación integral do Colexio CEIP...

Román Rodríguez destaca un investimento de máis de 1,6M€ na rehabilitación integral do Colexio CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada

- Anuncio -

— Enmárcase na segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica, que eleva a preto de 500M€ o investimento da Xunta en obras ao abeiro desta folla de ruta


— A obra inclúe o cambio de cuberta e o illamento térmico da fachada, entre outras actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do centro

A Xunta investirá máis de 1,6M€ na rehabilitación integral do Colexio CEIP Pedro Barrié de la Maza, na localidade coruñesa de Sada. Explicouno esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ao centro acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.
Tal e como detallou o titular do departamento educativo da Xunta, o obxectivo da actuación é “mellorar a eficiencia enerxética deste centro, con actuacións principalmente na fachada e na cuberta, o que vai redundar nun maior confort térmico para toda a comunidade educativa”.
Neste sentido, destacou que esta intervención se enmarca “nos principios básicos do Plan de nova arquitectura pedagóxica, que inicia agora unha segunda fase que eleva a preto de 500M€ o investimento en obras de mellora en centros educativos do Goberno galego ao abeiro desta folla de ruta”, dixo o conselleiro.
O investimento inicial para o período 2025-28 do plan é de máis de 267M€, que se suma aos 230M€ executados entre 2021 e 2024 con intervencións en practicamente todos os centros. “De feito, a primeira fase deste plan incluíu máis de 160 actuacións en centros da Coruña e a súa área, cun investimento total de máis de 31M€ no período 2021/24”, sinalou Román Rodríguez.
Illamento de cuberta e fachadas
O proxecto de rehabilitación integral do CEIP Pedro Barrié de la Maza inclúe o illamento térmico de 2.767,95 m² de fachadas con sistema SATE de placas de poliestireno expandido, que tamén se aplicará no teito do patio cuberto. Así mesmo, cambiaranse 2.744.87 m² de cuberta por unha nova de panel sándwich de aceiro e poliuretano con illamento incluído, mudando tamén os verteaugas, os canos e as baixantes.

No interior pintaranse as 206 portas e 266 fiestras interiores, instalaranse 2.305 m² de falso teito acústico no centro e 453.67 m² de falso teito vinílico en aseos e vestiarios e colocaranse 1205 luminarias led de alta eficiencia enerxética.

A maiores, acometerase a reforma da instalación eléctrica, incluíndo unha instalación fotovoltaica para xeración de enerxía eléctrica e de sistemas de alimentación de vehículo eléctrico.

Relacionadas

Xosé Merelles estudia un encontro co presidente de Agalber unha futura liña de colaboración...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, no...

Rueda anuncia a licitación dun novo treito da autovía Tui-A Guarda, no que se...

0
 Salienta que se trata do treito entre o enlace do polígono de Areas en Tui e a PO-350 xa en Tomiño, co inicio...

A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía electrónica o...

0
Ángeles Vázquez avanza que esta será unha das principais novidades da futura Lei de administración ambiental simplificada para responder ás demandas do sectorDestaca que...

A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 euros en axudas a máis de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 70 achegas concedidas neste eido durante o ano...

A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos e particulares...

0
— O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe as bases reguladoras das dúas ordes de subvencións, que os interesados poderán solicitar a partir do...

A segunda fase do parque empresarial de Bértoa pasa de cero a 151 naves...

0
As primeiras empresas en instalarse no polígono de promoción pública empezaron cos trámites no 2011No ano 2011 iniciáronse os trámites para a construción das...

Publicacións Relacionadas