Home A Coruña A alcaldesa de Santiago destaca a valía de Belén Hernández para afrontar...

A alcaldesa de Santiago destaca a valía de Belén Hernández para afrontar os retos á fronte da Xerencia de Mercagalicia

- Anuncio -

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu a presentación de Belén Hernández como nova directora xerente de Mercagalicia, nun acto no que participou tamén o presidente de Mercasa, José Miñones. A rexedora destacou a valía de Belén Hernández nesta nova responsabilidade para afrontar os retos de futuro máis inmediatos e a longo prazo: optimizar as instalacións, incluír novos produtos e a a diversificación económica do concello. Pola súa parte, Miñones corroborou as cualidades de Belén Hernández para esta nova xeira na que comprometeu o seu apoio para converter Santiago nun referente loxístico, mentres que a nova directora xerente expresou a “ilusión” coa que afronta este reto e sentiuse “moi honrada” por afrontar esta nova xeira co apoio dos socios da merca.

Na súa intervención en rolda de prensa na sede de Mercagalicia, Goretti Sanmartín destacou a colaboración entre as distintas entidades e tamén defendeu que para Santiago, esta nova etapa da merca supón “unha oportunidade para establecer sinerxias” con todos os sectores do concello, como o comercio, a hostelería local e a praza de Abastos. Mercagalicia ten como socia maioritaria ao Concello (51%) e a Mercasa (49%).

“Santiago de Compostela ten o obxectivo da diversificación económica e mellorar a industrialización”, esgrimiu, asemade, Goretti Sanmartín, quen agradeceu tamén a implicación do presidente de Mercasa neste obxectivo para converter Santiago en referente loxístico, para “dar ese salto de enorme trascendencia para o Concello”. Así, fixou como parte dese obxectivo a plataforma loxística, coas obras xa iniciadas, completar o trazado do Orbital ou a reivindicación histórica da estación de mercadorías da Sionlla, acompañado de ter máis dispoñibilidade de solo industrial.

Pola súa parte, Miñones destacou a traxectoria profesional de Belén Hernández, “ideias” para exercer as súas novas responsabilidades, tanto pola súa experiencia en Agader como pola década na Xerencia do Consorcio, que fan que teña “un excelente coñecemento de todo o sector produtivo e empresarial no territorio”. O presidente de Mercasa tamén defendeu o proxecto da plataforma, que desde a entidade que preside queren que se “convirta no centro loxístico de distribución de mercancías de referencia no Noroeste”. Tamén explicou que Santiago é o concello elixido para impulsar o proxecto piloto de distribución de última milla, exemplo para a distribución de mercadorías nos cascos históricos de todo o país.

Relacionadas

A segunda fase do parque empresarial de Bértoa pasa de cero a 151 naves...

0
As primeiras empresas en instalarse no polígono de promoción pública empezaron cos trámites no 2011No ano 2011 iniciáronse os trámites para a construción das...

O goberno local presenta a súa proposa para destina os Fondos do POS+ Adicional 2025 

0
Esta cuestión, que foi sometida hoxe a ditame da Comisión Informativa, será elevada ao Pleno extraordinario que se celebrará o martes. A Comisión Informativa de...

Cáritas de Aguiño fai unha chamada a participar na VI Milla/Andaina Solidaria “Heroínas de...

0
Hoxe congregáronse no paseo do Touro o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e a presidenta de Cáritas de...

O Concello e a USC organizan a xornada “Os desafíos do turismo sostible” o...

0
A xornada da continuidade ao traballo de recollida de opinións sobre o sector que se levou a cabo nos “foros de turismo” no pasado...

O centro iSlow de Laxe consolídase como referente no impulso ao emprendemento no rural...

0
• O alcalde, Francisco Charlín, recibiu esta mañá ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e ao secretario xeral de Emprego e...

Ciclo de concertos na Fábrica durante todos os sábados de febreiro

0
O Concello organizará no auditorio da Fábrica, en Perillo, o XII Ciclo de música Voces cálidas para noites de inverno. Os grupos participantes serán...

Publicacións Relacionadas