Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal comeza o ano cunha visita da unidade móbil de doazón...

O Rosal comeza o ano cunha visita da unidade móbil de doazón de sangue

- Anuncio -

Estará situada o luns 13 de xaneiro na rúa Ramón Franco, 4, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h

O Rosal comeza o ano salvando vidas cun pequeno xesto. O vindeiro luns 13 de xaneiro o concello recibirá unha nova visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), un autobús aberto a todas aquelas persoas que desexen doar sangue e deixar a súa pinga de solidariedade.
Como ven sendo habitual, a unidade móbil estará situada na rúa Ramón Franco número 4, diante da sucursal de Abanca, e abrirá as súas portas en horario de mañá e tarde de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Dende ADOS fan un chamamento a doar especialmente a aquelas persoas con sangue A+, 0+ e 0-, xa que nestes intres as reservas destes tres grupos sanguíneos están baixas. As persoas que desexen doar sangue poderán solicitar máis información chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.
O proceso, que apenas dura 10 minutos, permitirá salvar ata tres vidas por cada persoa doante. É importante lembrar que poderán doar rosaleiros e rosaleiras con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É imprescindible levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.
Ademais das 10 unidades móbiles que se desprazan cada día, a Axencia Galega mantén abertos sete puntos fixos nos principais hospitais galegos na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender as necesidades diarias de milleiros de doentes os 365 días do ano. Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a todas as persoas que o necesitan.

Relacionadas

Concerto de Nadal da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

0
A Deputación de Pontevedra programou unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolveron nos meses de decembro...

Dá comezo a humanización da Praza Victoria Cadaval en Sabarís

0
A proposta para a humanización da Praza Victoria Cadaval en Baiona busca dar resposta ás necesidades dos veciños e transformar este espazo central do...

O Concello de Ponteareas entrega a tenda “Oriente 15”o primeiro premio do Concurso de...

0
• O segundo premio foi para a tenda “Mi Casa” e o terceiro premio para o comercio “Bamboo” O Concello de Ponteareas entregou os premios...

Pilar Palomero, Alauda Ruiz de Azúa, Iván Pellicer e Miguel Bernardeau pechan as previas...

0
‘Os escintileos’ e ‘Querer’ completan as películas e series nomeadas das previas celebradas en Pontevedra  desde outubro  Estes invitados súmanse aos xa anunciados Candela Peña,...

O VII Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo reunirá a máis de...

0
14 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de...

Centos de veciños de Mos comezan a mobilizarse contra o novo trazado da A52

0
A primeira das reunións informativas celebrada onte no Multiusos e dirixida a Sanguiñeda encheu o auditorio con habitantes da parroquiaHoxe repetirase a xuntanza con...

Publicacións Relacionadas