Son veciños e veciñas de 27 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario de Mondariz, en Mondariz-Balneario
Máis de 130 persoas de 27 concellos da provincia inauguran este as saídas do 2025 do programa termalismo da Deputación de Pontevedra +Benestar con estadías no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario de Mondariz, en Mondariz-Balneario. En concreto, son persoas dos concellos da Cañiza, A Estrada, Cambados, Cangas, Catoira, Covelo, Cuntis, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Moraña, Mos, Nigrán, O Porriño, Oia, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.
En concreto, ata 55 persoas da Estada, Cangas, Catoira, Cuntis, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Poio, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Silleda, Tui, Vigo, Vila de Cruces e Vilagarcía desfrutarán de +Benestar no Talaso Hotel Louxo La Toja, e outras 79 da Cañiza, A Estrada, Cambados, Cangas, Catoira, Covelo, Lalín, Meaño, Moraña, Nigrán, Poio, Pontevedra, Tui, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa farán o propio no Balneario de Mondariz.
No marco do programa de termalismo +Benestar serán preto de 2.200 as persoas de máis de 55 anos de 60 concellos da provincia as que desfruten de estancias de seis días e cinco noites en balnearios, talasos ou spas de Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín. A Deputación de Pontevedra pretende con esta iniciativa facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e , ao mesmo tempo, dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.
O organismo provincial subvenciona un total de 2.097 das prazas, que son de réxime xeral, con 100 €, e outras 30, de réxime especial, están subvencionadas con 400 €, e os usuarios deben facerse cargo da cantidade restante. Ademais da estadía, o paquete comprende a pensión completa, o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día, e o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.