A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 9 acordos na súa primeira sesión do ano 2025, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos. Oito dos expedientes tratados proceden da Avogacía Consistorial. Concretamente, a Xunta Local deu conta de seis sentenzas e dun auto ditados polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, e foi informada de que o Concello deberá comparecer noutro procedemento diante do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2.
A orde do día completouse cun acordo en materia de Patrimonio, que consiste en desestimar un recurso de reposición contra un acordo da Xunta de Goberno Local de 8 de novembro de 2024 que desestimara unha reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa Guizamonde.