Home Pontevedra O Obradoiro de Emprego de Pousadouro doa máis de 100 quilos de...

O Obradoiro de Emprego de Pousadouro doa máis de 100 quilos de kiwis ecolóxicos ao banco de alimentos

- Anuncio -

O Obradoiro de  agricultura ecolóxica do Pazo de Pousadouro fixo entrega ao banco de alimentos de 117 quilos de kiwis ecolóxicos. En base a un convenio asinado entre o Concello de Redondela e Cáritas-Redondela, os produtos da horta ecolóxica do Obradoiro de Emprego son doados a esta entidade. Os produtos frescos de temporada repártense a unhas 50 familias beneficiarias do banco de alimentos de Cáritas-Redondela. Ademais dos kiwis ao longo do ano dóanse tomates, xudías, pementos, cabaciñas, cogombros, leitugas, acelgas ou remolachas, entre outros produtos.

O concelleiro de Emprego, Antonio Cabaleiro destacou a labor social que se fai desde este Obradoiro. O alumnado recibe unha completa formación profesional ao tempo que a produción serve para axudar ao banco de alimentos “con vexetais ecolóxicos de excelente calidade”. Onte visitou onte o Pazo de Pousadouro para facer entrega deste lote de froita aos representantes de Cáritas, xunto co mestre e a titora do obradoiro.

En total son 10 os alumnos e alumnas que se forman en agricultura ecolóxica e xardinería forestal. Ademais de traballar a horta ecolóxica de Pousadouro pazo realizan traballos en varias fincas municipais. Por outra banda, no Pazo de Pousadouro tamén se está a desenvolver o Obradoiro de Emprego na modalidade de “Carpintería de ribeira”, na que participan tamén 10 alumnas e alumnos que farán unha réplica do histórico bote “Manuel”. O alumnado-traballador, que comezou recentemente o Obradoiro, está actualmente a recibir a formación en Prevención de Riscos Laborais.

Relacionadas

Concerto de Nadal da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

0
A Deputación de Pontevedra programou unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolveron nos meses de decembro...

Dá comezo a humanización da Praza Victoria Cadaval en Sabarís

0
A proposta para a humanización da Praza Victoria Cadaval en Baiona busca dar resposta ás necesidades dos veciños e transformar este espazo central do...

O Concello de Ponteareas entrega a tenda “Oriente 15”o primeiro premio do Concurso de...

0
• O segundo premio foi para a tenda “Mi Casa” e o terceiro premio para o comercio “Bamboo” O Concello de Ponteareas entregou os premios...

Pilar Palomero, Alauda Ruiz de Azúa, Iván Pellicer e Miguel Bernardeau pechan as previas...

0
‘Os escintileos’ e ‘Querer’ completan as películas e series nomeadas das previas celebradas en Pontevedra  desde outubro  Estes invitados súmanse aos xa anunciados Candela Peña,...

O VII Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo reunirá a máis de...

0
14 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de...

Centos de veciños de Mos comezan a mobilizarse contra o novo trazado da A52

0
A primeira das reunións informativas celebrada onte no Multiusos e dirixida a Sanguiñeda encheu o auditorio con habitantes da parroquiaHoxe repetirase a xuntanza con...

Publicacións Relacionadas