Home Xunta de Galicia A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 euros en axudas a...

A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 euros en axudas a máis de 60 entidades para o coidado e atención dos animais domésticos abandonados

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 70 achegas concedidas neste eido durante o ano pasado, das que se beneficiaron 45 entidades locais e 16 organizacións que traballan a prol da protección dos animais


— Estes fondos permitiron apoiar, entre outros, investimentos como a esterilización cirúrxica, a identificación mediante microchip, a vacinación, a liberación de parasitos ou a compra de equipamentos para facilitar o labor diario dos distintos centros

A Xunta de Galicia concedeu o ano pasado preto de 440.000 euros en axudas a máis de 60 entidades locais e asociacións protectoras de animais para apoialas no coidado, atención e manutención dos animais domésticos abandonados que teñen ao seu cargo. Así o recollen dúas resolucións publicadas hoxe polo Diario Oficial de Galicia que dan conta dos resultados doutras tantas ordes convocadas en 2024 para axudar a estas organizacións no desenvolvemento do seu labor diario.

A primeira das resolucións mostra que as achegas destinadas ás entidades locais contaron cun total de 45 beneficiarios, entre os que se atopan 42 concellos, a Deputación de Ourense, o Consorcio das Mariñas e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. En total contaron cunha axuda de 230.000 euros.

Estes recursos públicos contribuíron a financiar, entre outros, os gastos relacionados coa esterilización cirúrxica, a identificación mediante microchip e a inscrición no Rexistro galego de identificación de animais de compañía (Regiac), así como alimentos, a vacinación ou a liberación de parasitos.

A segunda resolución recolle as 25 achegas concedidas a 16 asociacións inscritas no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía por un importe global de preto de 210.000 euros.

Neste caso, ademais dos gastos subvencionables aplicables ás entidades locais, tamén se inclúe a compra de material non funxible como a adquisición de equipamentos como remolques para facilitar o transporte dos animais, software específico e dispositivos electrónicos para mellorar a xestión dos distintos centros ou equipamento veterinario. Estas entidades poden beneficiarse ademais de achegas dirixidas a apoiar a realización de campañas de concienciación sobre a tenza responsable e a adopción de animais abandonados.

Relacionadas

Xosé Merelles estudia un encontro co presidente de Agalber unha futura liña de colaboración...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, no...

Rueda anuncia a licitación dun novo treito da autovía Tui-A Guarda, no que se...

0
 Salienta que se trata do treito entre o enlace do polígono de Areas en Tui e a PO-350 xa en Tomiño, co inicio...

A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía electrónica o...

0
Ángeles Vázquez avanza que esta será unha das principais novidades da futura Lei de administración ambiental simplificada para responder ás demandas do sectorDestaca que...

A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos e particulares...

0
— O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe as bases reguladoras das dúas ordes de subvencións, que os interesados poderán solicitar a partir do...

A Xunta lanzará este ano a 2ª edicióndo proxecto Fixar para continuar impulsando a...

0
Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o...

A Xunta outorga os premios aos mellores estudantes de Ensinanzas Artística

0
— O Diario Oficial de Galicia publica as resolucións destes galardóns, dotados con 3.500 e 1.000€, respectivamente — Recoñécese o desempeño excelente de alumnos en...

Publicacións Relacionadas