Home Pontevedra O punto limpo móbil percorre as parroquias

O punto limpo móbil percorre as parroquias

- Anuncio -

– O punto limpo móbil percorrerá todas as parroquias do Concello de Redondela para facilitar á veciñanza a reciclaxe do lixo que non pode botarse nos colectores comúns. Poden depositarse pequenos electrodomésticos, material informático, pilas e baterías, móbiles, cargadores, xoguetes, aerosois ou botes de pintura, entre outros residuos.

– O punto limpo móbil estará no Viso na semana do 13 de xaneiro, e despois trasladarase a Cesantes. En febreiro estará en Redondela, Chapela e Trasmañó, e no mes de marzo en Cedeira, Cabeiro, Vilar e Quintela. En abril visitará o resto das parroquias.

A Concellaría de Infraestruturas e Sostibilidade do Concello de Redondela  continúa este ano co desprazamento do punto limpo móbil a todas as parroquias do municipio. O obxectivo deste servizo é “facilitar á veciñanza a reciclaxe de diferentes tipos de lixo que non debe de ir aos colectores da rúa”, explica o concelleiro Roberto Villar. Trátase dun servizo gratuíto para a veciñanza “pero de grande importancia para ter cada vez unha Redondela máis limpa, polo que é fundamental contar coa colaboración de todos e todas”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. Os residuos que se poden depositar neste espazo son aceite de cociña usado, cartuchos e tóner impresora, radiografías, lámpadas e fluorescentes, CDs e DVDs, cápsulas de café, cargadores e auriculares, pilas e baterías, material de escritura, móbiles e tabletas, material informático, aerosois e envases de pintura, plásticos que non sexan envases, xoguetes ou pezas de téxtil, entre outros.

O goberno local fai un balance “moi positivo” do uso que a veciñanza está a dar a este servizo, no que se están a recoller multitude de residuos. O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explica que se depositaron “centos de CD’s e DVD’s, moito material informático, restos de pinturas, e moitísimos móbiles e cargadores, etre outros residuos”. O punto limpo móbil está a ter moi boa acollida en todas as parroquias, e “a veciñanza interésase por coñecer o calendario e os lugares a onde se despraza”, apunta Villar.

A próxima semana, do 13 ao 19 de xaneiro, estará no Viso, na chaira de Saramagoso.

En Cesantes estará dúas semanas: do 20 ao 26 de xaneiro no miradoiro do Alto dos Tras, e do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro na praza de San Pedro, en Catapeixe.

Do 3 ao 9 de febreiro estará en Redondela, na praza diante do Concello.

Na parroquia de Chapela estará tamén dúas semanas: do 10 ao 16 de febreiro no aparcadoiro da rúa Manuel Rodríguez Casal, e do 17 ao 23 na chaira do pavillón municipal Manuel González Soto.

En Trasmañó instalarase na chaira do Convento na semana do 24 de febreiro. A Cedeira chegará no mes de marzo, na semana do día 3, estará ao lado da pista deportiva. En Cabeiro estará na semana do 10 de marzo, no aparcadoiro do Centro Cultural San Juan de Cabeiro. En Vilar estará no aparcadoiro do Centro Cultural a semana do 17 de marzo, e no novo Centro Cultural de Quintela a semana do 24 de marzo. En Saxamonde instalarase na Área Recreativa do Camiño dos Frades, na semana do 31 de marzo. No Centro Cultural de Negros estará a semana do 7 de abril, en Reboreda, na zona do cemiterio, estará na semana do 14 de abril e logo nas inmediacións do CVCD Miñoteira, en Ventosela, a semana do 21 de abril.

O calendario coa localización do punto limpo móbil anunciarase por medio das redes sociais do Concello, e tamén na web municipal www.redondela.gal. Para que a recollida sexa eficaz “é importante separar ben os residuos, polo que en caso de dúbida é mellor consultar nos teléfonos de información”, sinala Villar.

Minipuntos Limpos

Este punto limpo móbil únese aos seis “minipuntos” que xa existen desde hai anos en diferentes rúas de Redondela e Chapela. Estes espazos para reciclar pequenos obxectos como cartuchos, lámpadas, cargadores, pilas ou baterías, están instalados nas rúas Alfonso XII, Ernestina Otero, Ribeira e Santa Mariña de Redondela, e nas avenidas de Redondela e de Vigo en Chapela.

Recollida de residuos voluminosos

Para residuos máis voluminosos como mobles, colchóns ou electrodomésticos, xa existe un servizo de recollida “porta a porta” cun sistema moi sinxelo para os usuarios. Tan só é preciso contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 horas, e se lle informará do día e lugar no que pode depositar estes residuos.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas