Home Pontevedra Baixo Miño Primaprix Tui, Tu Kiosko e Ángela Gregores Estilistas, gañadores do Concurso de...

Primaprix Tui, Tu Kiosko e Ángela Gregores Estilistas, gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal de Tui

- Anuncio -

Primaprix Tui, Tu Kiosko e Ángela Gregores Estilistas son os tres establecementos gañadores do II Concurso de Escaparates de Nadal organizado polo Concello de Tui en colaboración con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui. Recibirán 300€, 200€ e 100€ respectivamente.

O obxectivo do certame foi dinamizar o comercio de proximidade e impulsar a actividade comercial, convidando aos establecementos a preparar os seus escaparates con propostas orixinais e creativas sobre o Nadal e a súa vez animando á veciñanza e visitantes a realizar as súas compras no municipio.

Tras a deliberación do xurado que elixiu os dez escaparates finalistas abriuse a votación do público, outorgando 10, 6 e 2 puntos aos tres que máis votos recibiron. Primaprix Tui obtivo 980 votos, Tu Kiosko 872 e Ángela Gregores Estilistas 632 votos.

O xurado estivo formado por Belén Quintillán, xornalista; Hilenia Iglesias, escaparatista e deseñadora; Natalia Lago, educadora ambiental; Verónica Gómez, organizadora de eventos; Arminda Espiño, deseñadora; e Miguel Pereira, técnico de iluminación.

Tras a elección dos dez finalistas a través da aplicación Easy Promos abriuse a votación para o público na que se emitiron 3.400 votos, cifra que case duplica a rexistrada a pasada edición.

Dende o Concello de Tui agradécese a participación de todos os comercios que se sumaron a este II Concurso de Escaparates de Nadal que formou parte da campaña de promoción do comercio local levada a cabo con motivo das festas de Nadal, así coma ás persoas que conformaron o xurado do certame polo seu labor. Tamén amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participaron activamente no concurso emitindo o seu voto, así coma a todas aquelas que durante o Nadal elixiron o comercio e o mercado local para as súas compras.

Relacionadas

A Deputación pechou o 2024 con máis de 600 adopcións e máis de 1.200...

0
O presidente provincial Luis López explicou que Pontevedra, con 72 animais, foi o concello con maior número de adopcións, e dos cans rescatados, máis...

Isabella, Elda e Lola, a voz da infancia e mocidade rosaleira no 8º Encontro...

0
Reúne esta fin de semana a 180 rapaces e rapazas de toda España para falar sobre o dereito á protección O futuro constrúese con voces...

O Concello de Nigrán ofrece un roteiro gratuíto de sendeirismo polo Camiño Real de...

0
Terá lugar o domingo 19 de xaneiro. A dificultade é alta e as inscricións realizaranse o martes 14 pola tarde na Oficina de Turismo O...

O CEIP Xosé Fernández López estrea cuberta no patio de infantil

0
Retirouse a antiga estrutura de fibrocemento e instalouse unha nova de planchas metálicas máis segura para o alumnado e o persoal docenteA obra requeriu...

Concerto de Nadal da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

0
A Deputación de Pontevedra programou unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolveron nos meses de decembro...

Dá comezo a humanización da Praza Victoria Cadaval en Sabarís

0
A proposta para a humanización da Praza Victoria Cadaval en Baiona busca dar resposta ás necesidades dos veciños e transformar este espazo central do...

Publicacións Relacionadas