Home Vigo Mos Centos de veciños de Mos comezan a mobilizarse contra o novo trazado...

Centos de veciños de Mos comezan a mobilizarse contra o novo trazado da A52

- Anuncio -
  • A primeira das reunións informativas celebrada onte no Multiusos e dirixida a Sanguiñeda encheu o auditorio con habitantes da parroquia
  • Hoxe repetirase a xuntanza con Petelos e mañá coa veciñanza da parroquia de Tameiga. O xoves que vén chegará o turno da parroquia de Pereiras

Alarmados polo novo trazado da autovía A52 proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade do Goberno de España e que afecta dunha forma moi gravosa ás parroquias de Sanguiñeda, Petelos, Tameiga e Pereiras, así como pon en perigo tamén a traídas de augas parroquiais, (entre elas precisamente as desta última parroquia nomeada: Pereiras), desde o Concello de Mos convocáronse, de maneira urxente, reunións cos veciños e veciñas destas parroquias para darlles a coñecer o proxecto e as afeccións, así como para coordinar e facilitar a presentación de alegacións ó proxecto e outras accións a levar a cabo. A primeira delas, dirixida á parroquia de Sanguiñeda, celebrouse onte as 20h e encheu o Multiusos das Pozas. Hoxe e mañá repetiranse coas parroquias de Petelos e Tameiga. E o vindeiro xoves 16 de xaneiro será a de Pereiras.

Tamén se convocarán encontros informativos coas comunidades de usuarios de augas parroquiais que se verían afectadas polo proxecto.

A maiores na web municipal oficial do Concello de Mos, mos.es, pódese consultar e descargar toda a información e documentación sobre o proxecto do novo trazado da A52: Modelo de Alegacións, Plano de Trazado, Plano de Ocupacións e Proxecto Completo. Para que todo o mundo poida consultar e manexar os datos que estime necesarios e oportunos.

Nestas xuntanzas están presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, membros do goberno local, representantes do BNG que xunto co PP defenden esta causa, técnicos municipais do departamento de Urbanismo e as representantes da plataforma DefendeMos (reactivada de novo para esta causa) Pilar Rodríguez Miralles e Amalia Collazo.

Ademais xa se atopa creada unha Comisión de Seguemento cos técnicos municipais e representación dos colectivos sociais afectados e dos grupos políticos que apoian esta causa. A sesión inaugural constitutiva desta Comisión celebrarase o vindeiro luns 13 de xaneiro.

Durante a reunión de onte pola tarde púxose en evidencia que o proxecto da nova A52 non soluciona problema tráfico pesado da A55, xa que os transportistas seguirán indo pola antiga autovía, e que a veciñanza de Mos terá que seguir empregando a A55 porque o novo proxecto non ten entradas nin saídas á nova autovía desde o municipio mosense.

É por elo que este proxecto só soluciona o tráfico que vai desde a viguesa avenida de Madrid cara Tui ou cara a Ourense.

Por todo isto desde a plataforma DefendeMos e desde o Concello de Mos en xeral pídese a liberación da peaxe da AP9 no Porriño xa, como solución inmediata. Petición que xa foi manifestada históricamente dende Mos e que se repetía no último Pleno de 2024 celebrado o pasado 30 de decembro, no que se solicitaba de forma urxente ao Ministerio de Transportes, nunha moción conxunta de PP e BNG, a paralización inmediata do novo trazado da A52 e devandita liberación da peaxe. O PSOE negouse a participar nesta proposta común e votou en contra da mesma.

A rexedora local asegurou neste senso que “esta vai a ser a primeira moción de moitas, imos a estar de novo na batalla para paralizar este proxecto garrafal para Mos e vai ser un movemento encabezado polos veciños e nós, goberno e BNG, ao seu carón para que non se vexa ningún tinte nin interese político, sen máis bandeira que a bandeira de Mos e a defensa dos seus intereses”.

Arévalo tamén dixo na reunión de onte que “non permitiremos que ninguneen, pisoteen e devasten de novo o noso territorio, xa que a alternativa do Ministerio resulta completamente agresiva e prexudicial, destruíndo e paralizando 5 solos urbanizables, con demolición de naves, e afectando de forma directa a máis de 100 familias que ven afectadas as súas vivendas, así como múltiples afeccións a viais municipais estruturantes e augas”.

“Estamos diante dunha nova infraestrutura de gran capacidade que afecta gravemente ao noso concello e que queda lonxe de arranxar a problemática actual de tráfico e sinistralidade. Máis cando hai xa alternativas que poden supoñer un custe moito menor tanto a nivel económico, como ambiental e social, como sería liberar a AP9”, insistiu.

“Que se libere a peaxe do tramo Puxeiros-Porriño da AP-9, xa que a gratuidade da AP-9 é unha solución sinxela, inmediata e non lesiva para o territorio, ademáis de notablemente máis barata que o novo proxecto plantexado”. Concluiu a alcaldesa de Mos.

Ademais na xuntanza da tarde de onte informouse de que o Concello de Mos pon a disposición de toda a veciñanza os recursos técnicos, humanos e materiais para a máxima información e exercer o dereito a presentar alegacións. Polo que no departamento municipal de Urbanismo atópanse a plena disposición da cidadanía a tal fin todos os días de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Relacionadas

Concerto de Nadal da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

0
A Deputación de Pontevedra programou unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolveron nos meses de decembro...

Dá comezo a humanización da Praza Victoria Cadaval en Sabarís

0
A proposta para a humanización da Praza Victoria Cadaval en Baiona busca dar resposta ás necesidades dos veciños e transformar este espazo central do...

O Concello de Ponteareas entrega a tenda “Oriente 15”o primeiro premio do Concurso de...

0
• O segundo premio foi para a tenda “Mi Casa” e o terceiro premio para o comercio “Bamboo” O Concello de Ponteareas entregou os premios...

Pilar Palomero, Alauda Ruiz de Azúa, Iván Pellicer e Miguel Bernardeau pechan as previas...

0
‘Os escintileos’ e ‘Querer’ completan as películas e series nomeadas das previas celebradas en Pontevedra  desde outubro  Estes invitados súmanse aos xa anunciados Candela Peña,...

O VII Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo reunirá a máis de...

0
14 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de...

Primaprix Tui, Tu Kiosko e Ángela Gregores Estilistas, gañadores do Concurso de Escaparates de...

0
Primaprix Tui, Tu Kiosko e Ángela Gregores Estilistas son os tres establecementos gañadores do II Concurso de Escaparates de Nadal organizado polo Concello de...

Publicacións Relacionadas