A Deputación de Pontevedra programou unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolveron nos meses de decembro de 2024 e xaneiro de 2025. Música que vai desde o repertorio clásico ao tradicional e popular, maioritariamente en galego, de agrupacións corais e artistas con algún vínculo coa provincia, cun repertorio participativo e apropiado para esta época do ano para poder gozar en familia.
Foron dezasete concertos repartidos por todas as comarcas da provincia en espazos culturais e patrimoniais acolledores dos concellos. O programa finaliza o domingo 12 de xaneiro. A Fundación Banda de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra promove a valorización, o respecto e a transmisión interxeracional tanto da música como da tradición galega.
En 2019 constitúese formalmente esta fundación como proxecto formativo que procura profundar na riqueza musical da gaita, da zanfona e da percusión. Nestes concertos de Nadal, a formación, dirixida por Hipólito Cabezas, convidará a outros músicos e solistas e presentará unha visión actualizada da nosa música cunha coidada selección de temas tradicionais e actuais, sons e luz.
A actividade estará desenvolta pola Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra, Marchas procesionais, Alzamentos, xunto a temas actuais como o Hallelujah de Leonard Cohen, ou o tema Gabriel´s Oboe da Banda sonora da película “La misión” de Ennio Morricone, mesmo temas icónicos de “The Beatles”.
Tratando cun máximo respecto e poñendo en valor a contorna, cunha estudada iluminación interior, prestarán especial atención ao acompañamento con voz en varios temas moi coñecidos adaptando as súas palabras ao Gallego.
O concerto terá unha duración de 60 minutos e será este sábado 11 de xaneiro de 2025, ás 20h na Excolexiata de Santa María de Baiona.