Home A Coruña O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de ocio e...

O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de ocio e tempo libre de 350 horas lectivas homologado pola Xunta de Galicia

- Anuncio -

O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de ocio e tempo libre homologado pola Xunta de Galicia. O curso terá unha duración de 350 horas lectivas, 200 teóricas (105 horas presenciais e outras 95 horas enliña) e 150 prácticas. Impartirase en Lousame en horario de fin de semana: sábados (mañá e tarde) e domingo (mañá).

As clases darán comezo a mediados do vindeiro mes de febreiro. O obxectivo deste curso é formar ao alumnado para realizar actividades socioculturais e recreativas tanto no medio urbano como na natureza. O seu prezo é de 260 euros e as preinscricións poderán formalizarse a través do teléfono 981 820 494 (Concello) ou a través de www.bandoticket.com.

Este curso formativo está organizado polo Concello de Lousame e será impartido por FESAN, Escola de Tempo Libre. Para participar é preciso ser maior de idade e estar en posesión, cando menos, dalgún destes títulos: Graduado en Educación Secundaria ou Graduado escolar (ou equivalente).

Ao rematar o curso, o alumnado recibirá un título homologado de monitor/a de ocio e tempo libre que o capacita para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e sociocultural orientadas tanto á infancia e a mocidade, como ás persoas maiores ou con necesidades especiais. Un monitor/a de ocio e tempo libre pode traballar en centros socioculturais, asociacións xuvenís, campamentos de verán, en actividades extraescolares de colexios, escolas infantís, garderías e puntos de atención á infancia, en empresas de ocio e tempo libre, etc

Relacionadas

O Goberno municipal e as Policías Local e Nacional reúnense coa veciñanza para abordar...

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e...

O BNG esixe ao Goberno galego cubrir de inmediato as prazas médicas en Ribeira...

0
O Bloque Nacionalista Galego rexistra novas iniciativas no Parlamento de Galiza para instar ao Goberno galego a atender con urxencia a grave situación sanitaria...

A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino,...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu ao presidente da FGF, Pablo Prieto, na cidade deportiva da Torre – Arsenio Iglesias A Coruña será a...

O Concello licita o servizo de atención ás persoas sen fogar no Centro Social...

0
Os pregos do contrato establecen un horario de atención de 20.00 a 12.00 horas, con énfase no acompañamento ás persoas usuarias e tamén nos...

Detectados en só tres horas cinco positivos en drogas nun control de tráfico conxunto...

0
Policía Local e Garda Civil de Carballo realizaron este martes un control de tráfico conxunto, na liña de colaboración que veñen mantendo ámbolos dous...

Presentado o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 en...

0
O torneo terá lugar do 7 ao 9 de febreiro, sendo o campo municipal de Gallamonde unha das sedes. O Concello de Miño acolleu hoxe...

Publicacións Relacionadas