Home Xunta de Galicia Fabiola García pon en valor o traballo das entidades sociais na atención...

Fabiola García pon en valor o traballo das entidades sociais na atención ás persoas con ELA

- Anuncio -

 No encontro destacou o apoio das Administracións públicas para seguir mellorando a calidade de vida dos doentes

 O Executivo galego seguirá apoiando no 2025 ás persoas afectadas cunha achega de 12.000 euros anuais para sufragar os custos derivados da enfermidade

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, estivo esta mañá acompañando aos participantes da XII Travesía a nado pola ELA que organiza a asociación Agaela para dar visibilidade a esta doenza. Durante o encontro, a conselleira destacou o importante labor que realizan as entidades sociais no acompañamento ás persoas afectadas.

A conselleira agradeceu o labor dos participantes por sumarse a esta iniciativa solidaria que busca dar visibilidade a esta enfermidade e a loita dos doentes. Así mesmo, destacou que os avances acadados nos últimos anos son grazas ao empeño das entidades sociais. Por iso mesmo, sinalou que é fundamental que as Administracións públicas manteñan o seu apoio ás persoas afectadas e lle dean as ferramentas necesarias para facer fronte a enfermidade.

Nesta liña, Fabiola García lembrou que Galicia foi a primeira, e a única, comunidade en crear unhas axudas de 12.000 euros anuais destinadas aos doentes da ELA e recalcou que este ano 2025 a Xunta volverá a convocalas. O obxectivo é axudar a todas as persoas afectadas para que poidan facer fronte aos custos derivados da enfermidade, a compra de material específico ou mesmo as obras de accesibilidade nos seus fogares. Neste sentido, e tras ser aprobada a lei ELA, destacou que a Xunta segue reclamando ao Goberno central que a dote de fondos para poder seguir mellorando a atención.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas