Home A Coruña Paderne destinará os máis de 40.000 do POS+Adicional a servizos sociais

Paderne destinará os máis de 40.000 do POS+Adicional a servizos sociais

- Anuncio -

 O pleno municipal aprobou de xeito unánime derivar a achega da Deputación a gastos extraordinarios nesta materia, fundamental para o equipo de goberno

 Podoloxía, fisioterapia e terapia ocupacional gañarán novos fondos, que tamén irán destinados a axudas técnicas e novas tecnoloxías para os obradoiros de memoria

Podoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, axudas técnicas, emerxencia social, axudas técnicas e novas tecnoloxías para os obradoiros de memoria. Son as áreas que se verán reforzadas cos 40.493,81 euros que a Deputación da Coruña concede a Paderne neste 2025 a través do POS+Adicional.
O pleno municipal aprobou esta mañá por unanimidade destinar estes fondos aos gastos sociais extraordinarios a proposta do executivo local, que continúa deste xeito reforzando os servizos sociais municipais, un dos principais piares do plan de goberno do equipo liderado por Sergio Platas.
Deste xeito, Paderne destinará máis da metade destes fondos ao servizo de Podoloxía (13.685 euros), Fisioterapia (5.000) e Terapia Ocupacional (5.000). Todas estas iniciativas complementarias ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) veranse reforzadas en Paderne, un municipio que as ofrece dentro da súa ampla carteira de servizos gratuítos á súa veciñanza.
A maiores, o Concello realizará un gasto de investimento superior aos 10.000 euros para adquirir novo equipamento asistencial para as persoas que precisen de axudas técnicas para a súa vida diaria. En concreto, investiranse 2.985,07 euros para arneses, colchóns antiescaras ou calquera outro material valorado polo equipo técnico. A esta cantidade súmanse os 7.707,94 euros para a adquisición de novas tecnoloxías necesarias para o desenvolvemento dos obradoiros de adestramento de memoria.
Estes obradoiros contarán con fondos adicionais. Concretamente, cunha inxección de 5.115,80 euros que permitirán que se continúen impartindo de xeito gratuíto como servizo social “imprescindible” que o Concello de Paderne considera que son.
Por último, as partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia e necesidade social medrarán con 1.000 euros adicionais para cubrir a persoas e familias en risco de exclusión social.
“O POS+Adicional é unha desas achegas doutras administracións fundamentais para os concellos e, de xeito especial, para os pequenos municipios como Paderne. Dentro da nosa liberdade para decidir cara onde investir estes fondos, apostamos por destinalos aos servizos sociais. Consideramos que debemos seguir reforzando esta área, que afecta de xeito directo á calidade de vida da nosa xente. Estar preto da veciñanza é fundamental para nós e estes fondos axúdannos a iso”, apuntou o alcalde, Sergio Platas.

Relacionadas

O Goberno municipal e as Policías Local e Nacional reúnense coa veciñanza para abordar...

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e...

O BNG esixe ao Goberno galego cubrir de inmediato as prazas médicas en Ribeira...

0
O Bloque Nacionalista Galego rexistra novas iniciativas no Parlamento de Galiza para instar ao Goberno galego a atender con urxencia a grave situación sanitaria...

A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino,...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu ao presidente da FGF, Pablo Prieto, na cidade deportiva da Torre – Arsenio Iglesias A Coruña será a...

O Concello licita o servizo de atención ás persoas sen fogar no Centro Social...

0
Os pregos do contrato establecen un horario de atención de 20.00 a 12.00 horas, con énfase no acompañamento ás persoas usuarias e tamén nos...

Detectados en só tres horas cinco positivos en drogas nun control de tráfico conxunto...

0
Policía Local e Garda Civil de Carballo realizaron este martes un control de tráfico conxunto, na liña de colaboración que veñen mantendo ámbolos dous...

Presentado o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 en...

0
O torneo terá lugar do 7 ao 9 de febreiro, sendo o campo municipal de Gallamonde unha das sedes. O Concello de Miño acolleu hoxe...

Publicacións Relacionadas