Home A Coruña A C21 do vindeiro 9 de febreiro transcorrerá por  Ramón y Cajal,...

A C21 do vindeiro 9 de febreiro transcorrerá por  Ramón y Cajal, o porto, as praias e o paseo marítimo  coruñés 

- Anuncio -

A inscrición para a proba organizada polo Concello está aberta, así como a  da carreira 5K que terá lugar en paralelo 

O Concello da Coruña fai público este luns o percorrido  do Medio Maratón C21 que se celebrará o vindeiro 9 de febreiro. “Esta é unha das probas  máis atractivas deste formato que se celebran a nivel nacional e desde o Goberno de Inés  Rey levamos tempo potenciándoa e deseñamos un percorrido que permita aos e ás atletas  de elite obter boas marcas”, sinalou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. 

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan esta décimo sétima  edición da C21, que conta cunha distancia homologada de 21.097,50 metros. A proba está  incluída no calendario oficial das competicións da FGA e da Real Federación Española de  Atletismo e disputarase nun circuíto totalmente urbano e cunhas características propicias para  que as persoas participantes poidan bater as súas marcas. 

O medio maratón manterá o percorrido das dúas últimas edicións. As persoas participantes  comezarán e concluirán a C21 no Obelisco. A primeira parte transcorrerá por Ramón y Cajal,  Salvador de Madariaga e o porto coruñés. Na segunda, os atletas percorrerán as praias de  Riazor, Orzán e Matadoiro polo paseo marítimo e atravesarán a rúa San Andrés para ir ata  Porta Real e, desde alí, chegar á meta. 

Por outra banda, o Goberno de Inés Rey volve apostar nesta edición polo desenvolvemento  en paralelo dunha proba de 5 quilómetros que lle permitirá ás persoas participantes gozar do  ambiente do medio maratón e aclimatarse á distancia habitual do circuíto de carreiras  populares Coruña Corre, que comeza o próximo mes de marzo.

A inscrición para ambas probas está aberta a través da páxina web de Carreiras Galegas. No  día de hoxe hai case un milleiro de persoas inscritas na C21, mentres que o número de  participantes na carreira 5K supera os 500 inscritos. A proba repartirá máis de 15.000 euros  en premios para os mellores clasificados, incluíndo un premio especial de 1.000 euros á  persoa que consiga bater o récord da C21, fixado en 1 hora, 1 minuto e 40 segundos na  categoría masculina e 1 hora, 11 minutos e 16 segundos na categoría feminina. Na edición  de 2024 os gañadores foron Pablo Sánchez e María Azucena Díaz.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas