Home A Coruña Pequeno repunte das axudas de natalidade concedidas en Neda ao longo do...

Pequeno repunte das axudas de natalidade concedidas en Neda ao longo do 2024

- Anuncio -

O Concello de Neda concedeu durante o 2024 un total de 16 axudas para o fomento da natalidade, destinadas a familias que inscribiron no padrón municipal aos seus fillos/as nacidos ou adoptados ao longo dos últimos doce meses. Isto supón un lixeiro incremento con respecto aos exercicios inmediatamente precedentes.
Así, recibiron esta subvención de pago único cun importe de 300 euros ou 600 euros, no caso de menores con discapacidade, tres familias máis que no 2023 e cinco máis que no 2022. A axuda busca paliar os gastos derivados dos primeiros meses de crianza ou, no seu caso, da incorporación do menor á contorna familiar.
Só pais ou nais empadroados en Neda puideron percibir este apoio económico. E todos os beneficiarios tiveron que asinar o compromiso de manter o empadroamento deles e máis do seu fillo/a en Neda durante un período mínimo de catro anos. Deste xeito, o Concello busca contribuír a fixar poboación nova no municipio.

Relacionadas

Inés Rey: “A Torre é das mellores instalacións deportivas públicas de Galicia”

0
A alcaldesa visitou a cidade deportiva, onde esta semana rematarán os traballos de renovación do campo 1, completando o conxunto dos terreos de xogo O...

As comisións de festas de San Sadurniño estrean con forza o 2025

0
Os grupos de ramistas de Ferreira, Igrexafeita e Naraío organizan varias actividades para as próximas semanas As comisións de festas que se autonomean dun ano...

A Reserva de Biosfera lanza a súa primeira Guía de Excelencia Ecoturística, un compendio...

0
● Segue os pasos da xa editada Guía de Excelencia Agroalimentaria e é froito do traballo realizado durante todo o 2024 en colaboración co...

Á venda este mércores as entradas para o ciclo Todo Público de Primavera, con...

0
As representacións faranse no auditorio do Fórum Metropolitano entre os meses de febreiro e maio, incluíndo sesións para escolares O Concello da Coruña pon mañá...

O Concello eliminou máis de 9.300 pintadas das rúas da cidade en 2024

0
A Oficina Virtual do Grafiti realizou 2.334 actuacións nos barrios O Concello da Coruña mantivo en 2024 a súa loita contra as pintadas e os...

Comeza a II fase do proxecto de mellora do saneamento na parroquia de San...

0
• O Concello deu comezo esta semana a execución da segunda fase no núcleo de Balbén e continuará proximamente nas zonas de Ameás, Parapar...

Publicacións Relacionadas