Home A Coruña Acordo entre os concellos de Oleiros e A Coruña para a conexión...

Acordo entre os concellos de Oleiros e A Coruña para a conexión do bus urbano 1-A con Santa Cristina

- Anuncio -

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reuniuse esta mañá coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e entre outros asuntos acordaron iniciar os trámites necesarios para lograr que o bus urbano 1-A poida estenderse ata a glorieta de Santa Cristina. O Concello ten solicitada agora unha reunión coa Xunta de Galicia para solicitar a autorización deste servizo público, co que se crearíase unha nova alternativa de mobilidade para desprazarse ata o hospital Abente y Lago, pasando por Alfonso Molina, Matogrande, Monelos, Elviña….

Nesa próxima reunión que agarda ter o Concello con responsables autonómicos abordarase este asunto e tamén outras melloras reclamadas polo Concello en relación ao transporte público. Respecto á liña B-1, que finaliza no Seixal, o Concello solicita a súa prolongación ata a Igrexa de San Pedro de Nós, para dar servizo completo ao conxunto da parroquia, claramente desatendida desde os cambios nas liñas do 2020. Tamén se solicitará unha nova liña ata a urbanización de Xaz, en Dorneda, e que cubra toda a avenida Emilia Pardo Bazán (estrada de Meirás), coa que tamén se reforzarían os pasos de autobuses entre Santa Cruz e Perillo.

Relacionadas

A Reserva de Biosfera lanza a súa primeira Guía de Excelencia Ecoturística, un compendio...

0
● Segue os pasos da xa editada Guía de Excelencia Agroalimentaria e é froito do traballo realizado durante todo o 2024 en colaboración co...

Á venda este mércores as entradas para o ciclo Todo Público de Primavera, con...

0
As representacións faranse no auditorio do Fórum Metropolitano entre os meses de febreiro e maio, incluíndo sesións para escolares O Concello da Coruña pon mañá...

O Concello eliminou máis de 9.300 pintadas das rúas da cidade en 2024

0
A Oficina Virtual do Grafiti realizou 2.334 actuacións nos barrios O Concello da Coruña mantivo en 2024 a súa loita contra as pintadas e os...

Comeza a II fase do proxecto de mellora do saneamento na parroquia de San...

0
• O Concello deu comezo esta semana a execución da segunda fase no núcleo de Balbén e continuará proximamente nas zonas de Ameás, Parapar...

O Concello de Fene avanza nas obras de mellora da rede de abastecemento na...

0
As intervencións buscan renovar a infraestrutura de subministración de auga e garantir unha mellor eficiencia e seguridade Durante o desenvolvemento dos traballos haberá cortes de...

Ábrese a convocatoria do XI Premio Literario Descubrindo Oleiros

0
O certame literario organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros chega a súa undécima edición. Establécense 6 categorías desde nenos e...

Publicacións Relacionadas