Home A Coruña O Concello de Carballo mantén no 2025 os prezos públicos dos espectáculos...

O Concello de Carballo mantén no 2025 os prezos públicos dos espectáculos que se realizan no Pazo da Cultura

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local aprobo este luns os prezos públicos dos espectáculos organizados polo Concello de Carballo no Pazo da Cultura ao longo do ano 2024. O prezo xeral queda fixado en 5 euros, que se aplicará cando as actuacións sexan de grupos profesionais e non vaian dirixidas a un colectivo concreto, e sempre que a entidade colaboradora non esixa que a asistencia sexa gratuíta ou teña un prezo de entrada distinto.
Nos espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios, tal como establece a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), fíxanse uns prezos mínimos en función dos cachés das compañías, coa posibilidade de descontos de ata o 50% para determinados colectivos (menores de 18 e maiores de 60) e de ata o 40% para os abonos a ciclos de actuacións. Deste xeito, os prezos serán os seguintes:
• Caché de 750 a 2.500 euros: 5 € (prezo reducido: 3 €)
• Caché de 2.501 a 5.000 euros: 7 € (prezo reducido: 4 €)
• Caché superior a 5.000 euros: 9 € (prezo reducido: 5 €)
Na primeira sesión do ano, presidida polo concelleiro Xosé Regueira como alcalde en funcións, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou, vistos os informes favorables dos técnicos municipais, as solicitudes presentadas polas empresas adxudicativas de ampliación do prazo de execución de dúas obras: a rede de abastecemento de auga potable aos núcleos de Espiño, Ramil, O Piñeiro e Goiáns de Arriba, ata o 17 de marzo, polas dificultades que provocaron as chuvias dos últimos meses para a reposición das vías afectadas, e a reurbanización da rúa Portugal, ata o 28 de febreiro, non só polo tempo senón pola necesidade de adaptar os traballos ao estado dalgunhas infraestruturas soterradas pre-existentes.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas