Home Pontevedra O Goberno central protexerá a illa de San Simón como “Lugar da...

O Goberno central protexerá a illa de San Simón como “Lugar da Memoria Democrática”

- Anuncio -

– A alcaldesa, Digna Rivas, amosou a súa “gran satisfacción” por este recoñecemento e agradeceu “a gran labor da Iniciativa Galega pola Memoria”, plataforma que solicitara esta declaración ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, petición á que se sumou tamén o Concello de Redondela.

– Este recoñecemento implica un réxime de protección e usos compatibles para a illa, que foi campo de concentración “e un dos lugares da represión franquista máis emblemáticos de Galicia”, sinala Rivas. A alcaldesa lembra que o Concello reclamou á Xunta de Galicia a recuperación da Fundación Illa de San Simón “para xestionar os usos deste espazo e velar pola memoria histórica” e aínda non se obtivo resposta.

O Goberno central atendeu a petición dos colectivos memorialistas e do Concello de Redondela para protexer un dos lugares relacionados coa ditadura franquista máis emblemáticos de Galicia: a illa de San Simón, onde houbo un campo de concentración entre 1936 e 1943. A partir do mes de agosto a illa será, xunto co Pazo de Meirás, “Lugar da Memoria Democrática”. Trátase dunha figura incluída na Lei de Memoria Democrática que implica dotar a estes espazos dunha función “conmemorativa, de homenaxe, didáctica e reparadora”, ademais de establecer “un réxime de protección e usos compatibles”.

Desde o Concello de Redondela a alcaldesa, Digna Rivas, amosou a súa “gran satisfacción” por este recoñecemento “a un dos lugares da represión franquista máis emblemáticos de Galicia” e agradeceu “a gran labora da Iniciativa Galega pola Memoria”. Os colectivos memorialistas pediran ao Estado o pasado mes de xullo esta protección para a illa de San Simón “ante a desidia da Xunta de Galicia, que desentende a protección da illa e calquera actividade relacionada coa memoria histórica”. O goberno de Rivas demandou tamén ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática o pasado mes de decembro esta declaración para  illa de San Simón,  despois de reunirse con representantes da Iniciativa Galega pola Memoria.

O acto oficial de declaración será en agosto, segundo recolle o programa “España en liberdade. 50 anos” que presentou esta semana o presidente Pedro Sánchez. A rexedora local ofreceuse tamén para que o Concello de Redondela, como institución, poida colaborar e participar nos actos que se celebren ao redor deste recoñecemento .

Recuperación da Fundación Illa de San Simón

Rivas lembra que desde o Concello reclamouse á Xunta de Galicia o pasado mes de outubro “a recuperación da Fundación Illa de San Simón para xestionar os usos deste espazo e velar pola memoria histórica”. O Concello de Redondela reitera esta petición, da que aínda non obtivo resposta, “e que ten máis sentido ca nunca, unha vez o Goberno Central declarou a illa como Lugar de Memoria Democrática”.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas