Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este luns o prazo para solicitar as visitas a...

A Deputación abre este luns o prazo para solicitar as visitas a granxas escola do programa Vive o Rural

- Anuncio -

O programa dobra o seu orzamento respondendo á grande acollida da primeira edición, que esgotou a totalidade do seu crédito en cuestión de horas

Os centros escolares públicos dos concellos de menos de 20.000 habitantes poderán realizar visitas a Serantellos (Cambados), Fervenzaventura (Silleda), Kiriko (Fornelos de Montes), Corazón de Carballo (Tomiño) e Río Mouro (Poio)

A Deputación de Pontevedra abre este luns 13 de xaneiro o prazo para solicitar as visitas ás granxas escola da provincia no marco do programa Vive o Rural. Esta nova edición da iniciativa, na que poderá participar o alumnado dos centros escolares públicos dos concellos de menos de 20.000 habitantes, contará este ano con 60.000 euros. Trátase do dobre de orzamento respecto á primeira edición do programa, en resposta á súa grande acollida: a Deputación esgotou todo o crédito dispoñible en cuestión de horas.

Poderán ser beneficiarios de Vive o Rural tanto os propios centros (de educación infantil, primaria e secundaria) como as ANPA legalmente constituídas, que recibirán ou máximo de 1.250 euros (25 € por alumno ata un máximo de 50) co obxecto de financiar o custo das entradas ás instalacións (que poden incluír a comida) e os gastos de desprazamento en transporte colectivo. As solicitudes poderanse realizar ata o 7 de febreiro de 2025, e as saídas realizaranse en calquera das cinco granxas escola situadas na provincia: Serantellos (en Cambados), Fervenzaventura (en Silleda), Kiriko (en Fornelos de Montes), Corazón de Carballo (en Tomiño) ou Río Mouro (en Poio).

Nas saídas de Vive o Rural realizaranse actividades de toma de contacto cos animais, labores da horta, obradoiros educativos ou xogos, todas elas coa finalidade de que a rapazada se achegue á realidade das actividades agrícolas e gandeiras e adquira coñecementos prácticos sobre a produción local, as características dos cultivos, a vida dos animais, o coidado do medio natural e a valorización do sector primario. Ademais, a posta en valor do mantemento da biodiversidade, da paisaxe e da tradición agraria como elemento de identidade da cultura da provincia. O ano pasado recibíronse solicitudes de 44 centros e ANPA de 21 concellos da provincia, coa participación de 1.500 nenos e nenos de 25 centros de ensino.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas