Home Pontevedra Baixo Miño A Biblioteca Municipal entregou os diplomas á vintena de persoas que máis...

A Biblioteca Municipal entregou os diplomas á vintena de persoas que máis libros retirou no 2024

- Anuncio -

Coincidindo co Día dos Usuarios tamén recoñeceu o labor de Ramón Amado no bo funcionamento da Casa dos Libros Orfos

A Biblioteca Municipal de Tui fixo entrega esta mañá, coincidindo co Día dos Usuarios das Bibliotecas, dos diplomas á vintena de persoas, na categoría infantil e adulta, que máis libros retirou en préstamo no 2024. Os lectores e lectoras recoñecidas hoxe tamén recibiron un libro como agasallo, nun acto no que participaron o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o persoal do centro bibliotecario tudense.
Ao longo dos últimos doce meses a biblioteca tudense prestou máis de 18.279 exemplares.
Na categoría infantil, o neno que máis títulos retirou ten 11 anos, e leu 287 libros nun só ano. A décima nena que recibiu o diploma ten 8 anos e retirou 116 exemplares.
Dentro da categoría adulta, 110 foron os libros que leu o primeiro, con 69 anos; e 54 títulos retirou o noveno, de 87 anos.
Nun acto que reuniu a maiores e pequenos cunha grande paixón pola lectura, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reflexionou sobre a “gran responsabilidade que teñen as familias de inculcar aos nosos fillos e fillas o hábito pola lectura, nun contexto complicado onde o dixital absórbeo todo”. Destacou ademais “o servizo que presta este espazo, que potencia aínda máis este hábito”.
Recoñecemento a Ramón Amado
A Biblioteca Municipal recoñeceu tamén hoxe o labor de Ramón Amado pola súa contribución desinteresada ao bo funcionamento da Casa dos Libros Orfos, situada na praza da Inmaculada. Nun dos antigos quioscos da praza habilitouse o ano pasado un espazo de intercambio de libros que conta con gran acollida pola cidadanía.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas