Home Pontevedra O Condado A escritora Sara Vila presentará as súas obras na Biblioteca Municipal de...

A escritora Sara Vila presentará as súas obras na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño

- Anuncio -

A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño, dentro das actividades programadas pola concellería de Cultura, acolle o vindeiro día 18 de xaneiro unha presentación das obras de Sara Vila que contará coa presenza da escritora.
O vindeiro sábado ás 12:00 horas na Biblioteca, a escritora de As Neves presentará ós asistentes as súas obras e falará da súa biografía. Sara Vila é xornalista e escritora. En 2019 foi recoñecida co segundo premio Comunicar en Igualdade 2019 polo artigo “O noso toque de queda”. Como autora literaria, en 2016 logrou o primeiro premio no Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela por “Adeus, María”. Publicou a súa primeira novela, “Oito días sen Eva Cortes”, tras gañar o Premio Illa Nova de Narrativa 2021. Coa súa segunda novela “O incendio” conseguiu o XLII Premio Eduardo Blanco Amor, precisamente o Club de Lectura da Biblioteca de Salvaterra ven de rematar a lectura desta obra.
Por todo isto, esta é unha gran oportunidade para poder coñecer de preto á escritora, a súa obra e poder charlar sobre o seu traballo.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas