Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación levará o legado de Rosalía de Castro a 40 centros...

A Deputación levará o legado de Rosalía de Castro a 40 centros escolares da provincia a través de visitas á súa Casa-Museo

- Anuncio -

Trátase do programa “Rosalía, a súa casiña, o meu lar”, a iniciativa en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro á que a institución provincial destina máis de 30.000 euros e que abre este martes o prazo de solicitude

A Deputación de Pontevedra abre este martes 14 de xaneiro o prazo para que ata 40 centros educativos da provincia poidan participar no programa “Rosalía, a súa casiña, o meu lar”, impulsado pola institución provincial en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro. Trátase dunha iniciativa para que o alumnado da provincia coñeza a riqueza cultural da colección da Casa- Museo de Rosalía en Padrón, o intenso labor que desenvolve e se achegue á figura e legado da autora. Deste xeito, a Deputación destina a esta iniciativa 32.500 euros e farase cargo tanto dos custes da entrada como do transporte do alumnado dende os centros de ensino da provincia ata a Casa de Rosalía en Padrón. A Deputación reforza así a súa aposta por divulgar a figura e o legado da autora, aumentando o orzamento con respecto ao pasado ano, no que se destinaron 27.100 euros a esta iniciativa, para que poidan realizar as visitas máis centros (40 fronte a 35).

A visita, guiada polo persoal do Departamento de Educación da Casa-Museo, estará apoiada no material didáctico enviado previamente a cada centro educativo e adaptado a cada etapa (Primaria, ESO e Bacharelato). No seu percorrido, o alumnado coñecerá os acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Así, na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, os escolares poderán apreciar a dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, a contorna que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora, mentres que na primeira planta, denominada “O seu”, vivirán unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga. Ademais, durante o transcurso da visita, realizarase unha proxección audiovisual sobre a figura de Rosalía, que rematará coa entrega ao centro de varios volumes literarios da autora.

Os centros educativos interesados en beneficiarse de “Rosalía, a súa casiña, o meu lar” deberán, en primeiro lugar, concertar as vistas co departamento de Educación da Casa-Museo a través do correo fundacion@rosaliadecastro.gal ou do teléfono 981 811 204. Unha vez acordada a cita, terán que presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica da Deputación a partir deste martes, 14 de xaneiro, e nun prazo máximo dun mes.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas