Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación presenta por vez primeira na provincia a campaña de promoción...

A Deputación presenta por vez primeira na provincia a campaña de promoción turística do 2025

- Anuncio -

O presidente provincial Luis López, acompañado doutros membros do goberno da Deputación e dos participantes na campaña, desvelará a campaña este martes, 14 de xaneiro ás 11:00 horas, na parroquia de Tomeza da cidade de Pontevedra

O acto estará amenizado pola música da chelista viguesa Margarida Mariño, contará coa participación da artesá Olalla Lojo e intervirá Mónica Pereira, técnica astronómica e membro da Fundación CEO

A Deputación de Pontevedra presenta por primeira vez na provincia a campaña de promoción turística do 2025 antes da súa difusión a nivel nacional na Feira Internacional de Turismo FITUR. “Cando volves” é o eslogan da campaña que dará a coñecer o presidente provincial Luis López, acompañado doutros membros do goberno da Deputación, este martes, 14 de xaneiro ás 11:00 horas, no hotel rural Numa Experimental da parroquia pontevedresa de Tomeza, onde se desvelará o abano inesgotable de experiencias rurais únicas que ofrece a provincia de Pontevedra.

Ata o de agora, a Deputación acostumaba estrear o vídeo promocional en Madrid, no transcurso da Feira Internacional de Turismo FITUR e, previamente, daba a coñecer unhas pinceladas do audiovisual na provincia. Deste xeito, este ano apóstase por presentar a campaña turística do 2025 en Pontevedra, nun lugar directamente relacionado coa peza principal, e por comezar a difundila a nivel nacional e internacional a partir do 23 de xaneiro, coa estrea en FITUR.

A peza pretende facer sentir a chamada do interior e os valores que proporciona, como a calma ou a paz interior. Ademais, acompañarase doutros audiovisuais que recollen diferentes experiencias, únicas, que se poden vivir no interior da provincia, desde observación astronómica, ata actividades deportivas ou tradicións tan autóctonas como o magosto.

O acto estará amenizado pola música da chelista viguesa Margarida Mariño, contará coa participación da artesá Olalla Lojo e intervirá Mónica Pereira, técnica astronómica e membro da Fundación CEO.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas