Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova...

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro

- Anuncio -

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición dos obradoiros de teatro veciñal infantil e para persoas adultas. Ao igual que aconteceu nas anteriores convocatorias, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.

O obradoiro comezará o 7 de febreiro e as sesións desenvolveranse os venres no Centro Cultural de Pedornes: o infantil en horario de 18.00 a 19.00 horas e o de persoas adultas de 19.15 a 21.15 horas.

Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a xente de todas as idades, se ben é obrigatorio inscribirse pois as prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar poden apuntarse no rexistro do Concello desde este luns día 13 ata o 30 de xaneiro.

En cada unha das súas edicións, o obradoiro reúne a varias decenas de veciñas e veciños de diversas as idades, as cales traballan durante varios meses na elaboración e interpretación de distintas pezas teatrais. Como actividade final, as creacións son representadas polo propio alumnado dentro da xornada festiva 6×6 Punto de Encontro que se celebra no barrio do Arrabal.

O vídeo-resumo da última edición do 6×6 pode verse na canle de youtube do Concello nesta ligazón.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas