Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán reparte gratuitamente entre a veciñanza 250 novos composteiros...

O Concello de Nigrán reparte gratuitamente entre a veciñanza 250 novos composteiros individuais

- Anuncio -

Suma máis de 700 unidades achegadas á veciñanza nos derradeiros anos, sendo o municipio da provincia que máis aposta por este modelo  de compostaxe

Os interesados deben solicitalo no mail conserxeria@nigran.org indicando o seu teléfono, sendo requerimento imprescindible estar empadroando en Nigrán

O Concello de Nigrán iniciou o reparto gratuíto de 250 novos composteiros individuais entre a veciñanza que figuraba en lista de agarda e para aquela outra que o desexe soliciar agora no  mail conserxeria@nigran.org (imprescindible indicar teléfono de contacto). Os interesados deben estar empadroados no municipio e contar con finca ou xardín, ademais de non ter recibido outro anteriormente. A entrega realizarase segundo rigorosa orde de inscrición ata esgotarse a remesa e adquiriránse máis en caso de que exista maior demanda.

          O Concello de Nigrán achegou nos anos pasados máis de 700 unidades entre a veciñanza que o requiríu, sendo con estas cifras o municipio da provincia que máis aposta por este modelo de compostaxe. O goberno local incentiva este tipo de tratamento dos residuos orgánicos en cada fogar porque forma parte da denominada economía circular e dunha das estratexias locais para o desenvolvemento dos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible).

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas