Home Pontevedra O PP alerta da “fuga de policías locais” que solicitan traslado para...

O PP alerta da “fuga de policías locais” que solicitan traslado para irse de Pontevedra

- Anuncio -

• Pardo defenderá os dereitos dos axentes municipais nunha moción que urxe o incremento do persoal de policías locais, o respecto aos seus dereitos laborais e a dotación de medios para que poidan manter a orde pública e garantir a seguridade cidadá en condicións dignas

• O PP de Pontevedra considera “unha cuestión de prioridades” que o alcalde prefira gastar 12.000€ cada vez que desmonta e monta o skatepark de Raíña Victoria ou pagar 20.000€ anuais polo alugueiro duns terreos na Canicouva para unha planta de compostaxe inexistente, no canto de atender as necesidades dos seus traballadores

O grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra advertiu da “fuga de policías locais” que solicitan traslado para irse do Concello de Pontevedra a outras administracións locais, na procura dun futuro laboral con mellores condicións de traballo: “Que é o que está a pasar no Concello para que non queiran traballar aquí e quéiranse ir a outras localidades?”.

A concelleira do PP Pepa Pardo destapou que unha decena de policías solicitaron prazas de mobilidade noutros concellos, principalmente en Vigo, e que preto de 20 axentes xa se foron de Pontevedra, nos últimos anos, por estar “maltratados laboral e economicamente”, segundo os datos facilitados polos representantes dos policías locais, aos que accedeu o grupo maioritario da oposición.

Unha anomalía que será abordada no pleno do próximo 20 de xaneiro, a proposta do PP pontevedrés, “en defensa dos dereitos dos policías que teñen un persoal insuficiente que debe incrementarse, ademais de ter 25 prazas vacantes co 20% dos postos sen cubrir; falta de respecto aos seus dereitos laborais, gañados a maioría a golpe de sentenza xudicial; e a dotación duns medios materiais que, a día de hoxe, impídenlles prestar o seu labor esencial de manter a orde pública e garantir a seguridade cidadá en condicións dignas”.

Culpou ao alcalde #Miguel Anxo Fernández Lores da situación tras xerar un problema de convivencia cos traballadores públicos, que afecta á cidadanía, ao poñer de manifesto a súa “incapacidade negociadora e a súa nula xestión en materia de persoal” durante os últimos mandatos do seu goberno.

O posicionamento do rexedor nacionalista ha paralizado a negociación para sacar adiante unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT), vixente desde 1999, ou un Plan de Igualdade, que é obrigatorio por lei e no que se volveron a gastar máis de 54.000€ nun novo estudo para a súa elaboración, despois de que xa se adxudicou outro por 14.520€ en 2022.

Pardo quixo reiterar o apoio do PP pontevedrés aos policías locais nas súas reivindicacións antes de esixir a Lores que “deixe de priorizar os seus caprichos ás necesidades dos seus traballadores, gastando 12.200€ cada vez que desmontan e volven montar o skatepark de Raíña Victoria, ou pagando 20.000€ anuais polo alugueiro duns terreos na Canicouva para unha planta de compostaxe inexistente, mentres a policía non recibe nin para cambiar as rodas dos seus vehículos oficiais”.

Tamén lembrou os problemas de “convivencia cidadá”, utilizando as palabras textuais do goberno local en referencia a “determinadas persoas sen teito que son conflitivas e que se concentran na contorna da Praza da Ferrería e do barrio de Campolongo, perturbando gravemente a actividade diaria dos comerciantes, hostaleiros e veciños das zonas afectadas, con furtos e comportamentos incívicos, que están a danar a imaxe de Pontevedra”.

Unha realidade que, desde o PP, denunciouse “ata a saciedade”, demandando a adopción de medidas urxentes como incrementar as patrullas da policía a pé polas rúas: “Pode haber algo máis contraditorio que os policías só móvanse en vehículo nunha cidade que presume dun modelo sen coches?”, concluíu.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas