Home Ourense O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas e atrasará a súa apertura

- Anuncio -

O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa intención de facelas máis eficientes para a cidadanía ourensá.

Non será a primeira vez que se externalice este servizo xa que isto xa fora feito polo Bng cando tivo responsabilidades de goberno na área de Termalismo.

Esta externalización vai incluír a xestión das Termas das Burgas, dos apartamentos turísticos municipais, unha zona de hostelería na parte superior e a apertura ao público e guía dos restos arqueolóxicos.

Ademais, o grupo de goberno comunicoulle aos portavoces municipais que decidiran non abrir este espazo termal das Burgas polo cambio de xestión mais tamén porque houbo unha neglixencia técnica na reforma integral que vén de se acometer.

O proxecto, contratado no anterior mandato pola concelleira de Termalismo, Flora Moure, así como os técnicos da área de Termalismo e o xefe de obra non contemplaron a impermeabilización integral de vaso – só do fondo- excluíndo os laterais, e o xefe de obra non detecta fugas de auga ata que a obra foi concluída polo que xa non pode facer modificacións.

Se se decidise abrir igualmente, suporía unha perda diaria de 200 litros o que xeraría un problema non só de perda de auga senón tamén porque levaría ao límite o funcionamento das máquinas.

O Goberno municipal levará ao pleno de marzo esta propostas de xestión e a empresa concesionaria sería a encargada de poñela en marcha.

Desde o goberno agardan que o Espazo termal das Burgas estea en funcionamento este 2025 e que, aínda que a xestión sexa privada, contará con bonos para os residentes

Relacionadas

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

COGAMI impulsa a igualdade e o empoderamento de máis de 200 mulleres con discapacidade...

0
COGAMI desenvolveu ao longo de 2024 tres programas clave para promover a igualdade, o empoderamento e a inclusión social de máis de 200 mulleres...

A Deputación mobiliza maquinaria para traballos de prevención polas xeadas nas estradas provinciais en...

0
Trala previsión de baixas temperaturas na provincial, os equipos e maquinaria da Deputación de Ourense, destinados ao Plan de Vialidade Invernal, iniciaron esta mesma...

A Deputación mobiliza 683.000 euros en axudas para diversas actividades como o fomento de...

0
O goberno provincial sacou adiante a aprobación das bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social nos...

Luis Menor destaca a “innovación” na prestación de servizos nas áreas industriais durante a...

0
O presidente da Deputación puxo en valor esta iniciativa, na que a institución provincial financiou o 40% do investimento, cualificándoa de “área pioneira” Menor reafirmou...

O PP nomea á concelleira Ana Méndez como portavoz do grupo municipal no Concello...

0
O Partido Popular acordou hoxe o nomeamento da concelleira Ana Méndez como nova portavoz do grupo municipal no Concello de Ourense. Méndez Gil (Ourense,...

Publicacións Relacionadas