Home A Coruña Preto de 200 maiores contaron no pasado ano co servizo de axuda...

Preto de 200 maiores contaron no pasado ano co servizo de axuda no fogar en Neda

- Anuncio -

Un total de 195 fogares de Neda beneficiáronse ao longo do 2024 do Servizo municipal de axuda a domicilio. O programa socio asistencial permitiu mellorar a calidade de vida de case douscentos maiores municipio e as súas familias, axudándoos con tarefas básicas do día a día para facilitarlles deste xeito á súa permanencia no fogar.

Apuntan dende os Servizos Sociais que, ao longo dos últimos doce meses, tiveron dereito á esta prestación, no marco do sistema de atención á dependencia, un total de 130 veciños e veciñas. Usuarios que contaron co apoio das auxiliares para realizar accións da vida cotiá que van dende o aseo e coidado persoal ata labores de acompañamento, pasando por tarefas de mantemento básico da vivenda.
E a esa cifra hai sumar que outros 65 contaron co servizo de atención a domicilio na modalidade de libre concorrencia, que depende exclusivamente do departamento municipal, e permite atender a persoas con problemas de autonomía persoal, que aínda non contan coa valoración de dependencia ou que están a espera de que se resolva.

En total, a administración local prestou unha media de 4.850 horas mensuais de atención, deixándose sentir a aposta do goberno municipal por este servicio no alcance da modalidade básica. Así, Neda leva anos na táboa dos concellos da provincia de menos 20.000 habitantes cun maior volume de horas de libre concorrencia.

O Concello destina anualmente máis de un millón de euros dos seus orzamentos ao SAF, que dá emprego a máis de 60 auxiliares, e conta con aportacións parciais doutras administración como a Xunta (parte do custo das horas de dependencia) ou a Deputación da Coruña.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas