Home A Coruña Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

- Anuncio -

Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial.

O Pleno da Corporación municipal da Laracha foi convocado hoxe en sesión extraordinaria para tratar, como único punto da Orde do Día, a aprobación do POS+ Adicional 2025 para gastos sociais extraordinarios, que foi acordada por unanimidade.

Ao Concello da Laracha correspóndelle percibir un total de 103.032,94 a través dese programa da Deputación da Coruña, que serán repartidos en tres apartados.

O máis amplo é o do financiamento do gasto corrente, que ascende a 88.464,55 euros. O POS+ Adicional permitirá ampliar a dotación do fondo de emerxencia social, cubrir parte da achega municipal ao servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia e dispoñer de fondos económicos para outras medidas de carácter extraordinario que o departamento de Servizos Sociais considere imprescindibles e urxentes para atender ás persoas vulnerables ao longo do ano. O alcalde, José Manuel López Varela, tamén explicou que con estes fondos serán reforzados programas de carácter social que están a disposición da cidadanía larachesa, tales como o que pretende a prevención da soidade non desexada no rural, apoio familiar e complemento á educación a través de “Educa en Positivo”, os cursos de alfabetización e memoria, os obradoiros de uso do móbil e novas tecnoloxías e o programa de alfabetización para persoas inmigrantes “A Laracha Acolle”.
Os outros dous apartados serán dedicados a investimentos. A cantidade de 7.488,39 euros destinaríanse á adquisición de equipamentos informáticos que facilite e mellore a xestión do persoal municipal adscrito ao departamento de Servizos Sociais. E outros 7.080 euros terán por fin a adquisición de equipamento técnico asistencial que se porá a disposición daquelas persoas que o precisen e non dispoñan dos recursos económicos para poder adquirilos.

Relacionadas

Javier Veiga e Xosé A. Touriñán protagonizan o ‘western’ da nova campaña turística da...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a curtametraxe no Espacio Larra de Madrid: “Vimos a Fitur a ofrecer que se unan á nosa celebración, á...

O pleno abordará a aprobación do IV Plan estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre...

0
Inclúe 15 obxectivos e 67 medidas de accións concretas estruturadas en 5 eixos. O Goberno municipal elevará ao pleno ordinario que se celebrará o xoves...

A programación municipal cultural e deportiva alcanza as 1.800 inscricións entre todas as actividades

0
En varias disciplinas aínda hai prazas dispoñibles. Nos últimos días comezaron a desenvolverse novas actividades culturais e deportivas do programa municipal de inverno 2024-2025 que...

O Concello demostra cun informe técnico que AENA sobredimensiona as afectacións sonoras do aeroporto

0
Para defender a veciñanza de Montrove ante as afeccións da “pegada sonora” do aeroporto de Alvedro que pretende impoñer AENA, o Concello realizou un...

Festa do waterpolo alevín e benxamín na piscina municipal de Santa Isabel

0
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá o campionato de waterpolo que acollerá a piscina de Santa Isabel en categoría alevín o...

O cómico Luis Álvaro recala en Ribeira con dose de humor absurdo mesturado de...

0
Hoxe tivo lugar a presentación deste famoso cómico que ven de xirar por diferentes capitais do territorio nacional e que o 7 de febreiro...

Publicacións Relacionadas