Home Pontevedra O Concello de Redondela acometerá as medidas de seguridade “urxentes” no CEIP...

O Concello de Redondela acometerá as medidas de seguridade “urxentes” no CEIP Laredo ante a inacción da Xunta de Galicia

- Anuncio -

– A alcaldesa, Digna Rivas, e os concelleiros Antonio Cabaleiro e Roberto Villar, reuníronse coa dirección do CEIP Laredo e da ANPA para tratar os graves problemas de seguridade que sofre o centro ante o risco de desprendemento de tellas. Ante a falta de resposta por parte da Xunta de Galicia, o Concello asumirá os traballos urxentes de permietrar a zona e instalar unha rede para evitar accidentes.

– Rivas afirma que “por responsabilidade” o Concello acometerá estas obras, malia ser competencia da Xunta, porque o primeiro “é garantir a seguridade do alumnado, familias, profesorado e viandantes”. A alcaldesa esixe á Consellería de Educación “que de maneira urxente poña data para facer a reforma integral da cuberta do CEIP Laredo, unha obra imprescindible para garantir a seguridade no centro”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os concelleiros de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, e de Infraestruturas, Roberto Villar, reuníronse esta maña co director do CEIP Laredo, Abraham Domínguez, e o presidente da ANPA do centro, Martín Diéguez. A xuntanza tiña como obxectivo tratar os graves problemas de seguridade que sofre o centro debido ao mal estado da súa cuberta, co risco de desprendemento de tellas. O Concello de Redondela enviou hai un mes un informe técnico á Consellería de Educación da Xunta de Galicia advertindo da grave situación que presenta o tellado do centro. O informe advirte das “medidas de seguridade urxentes” que se deben adoptar, como a colocación dun valado perimetral para “garantir que ninguén poida acceder ao perímetro de seguridade”, así como unha rede de seguridade “para evitar que se desprenda calquera elemento da cuberta”.

Ante a falta de resposta por parte da Xunta de Galicia, Digna Rivas comprometeuse hoxe coa dirección e a ANPA do colexio a asumir desde o Concello eses traballos de maneira urxente “malia ser unha competencia exclusiva da Xunta”. A alcaldesa afirma que o primeiro “é garantir a seguridade dos máis de 180 alumnos e alumnas do centro, así como das familias, profesorado e viandantes que pasan pola beirarrúa do colexio”. Rivas sinala que “por responsabilidade” o Concello acometerá as obras “para perimetrar toda a zona que presenta risco de desprendemento para evitar calquera accidente, coa instalación dunha estrutura e unha rede de protección”. Os técnicos do Concello puxeron xa e marcha os trámites para a contratación destes traballos que poderían comezar a finais deste mes, ou comezos de febreiro. Rivas agradeceu a colaboración da dirección do centro e da ANPA, que se puxeron a total disposición do Concello.

A rexedora lamenta que despois dun mes de comunicar esta grave situación á administración responsable, o Concello aínda non obtivo resposta por parte da Xunta de Galicia “que é a administración que ten a competencia en materia de Ensino”. Rivas esixe á administración autonómica “que de maneira urxente poña data e prazos concretos para facer a reforma integral da cuberta do CEIP Laredo, unha obra imprescindible para garantir a seguridade no centro, tan como advirte o informe técnico”.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas