Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán abre a vindeira semana o prazo de inscrición...

O Concello de Nigrán abre a vindeira semana o prazo de inscrición para os cursos de ‘Envellecemento activo’ na Ramallosa e Vilameán

- Anuncio -

O Concello volve a ofrecer ‘Vivilo Corpo’, Informática e ‘Exercitar a Memoria’, este último aumentando as prazas un 27% para que ninguén quede fora. O custe total para o usuario é de 25 € agás informática, que é gratis

En total son 208 prazas e todos os cursos están dirixido a maiores de 60 anos empadroados no municipio, tendo prioridade de inscrición o martes 21 os que non participaran o ano pasado

O Concello de Nigrán abre a vindeira semana en sucesivos días o prazo de inscrición para os tres cursos municipais do programa ‘Envellecemento activo’ dirixidos a maiores de 60 anos empadroados no municipio que desexen reforzar a súa autonomía e previr o illamento social. A principal novidade deste ano e que toda aquela persoa que non participa o ano pasado terá prioridade de inscrición o martes 21 de xaneiro no Centro Social de Vilameán (ao carón do Concello) de 9:00 a 13:00 horas, poidendo inscribir cada quen a unha segunda persoa interesada. En total ofrécense 208 prazas cun custe total para o usuario de 25 € (pago ao momento con tarxeta) agás informática, que é gratis ao estar impartido polo voluntario Antonio Lago. Os cursos desenvolveranse desde a primeira semana de febreiro a penúltima de decembro, con descanso estival. Toda a información polo míudo (horarios, prazas e días para anotarse, está pendurada en www.nigran.org).

Tras o primeiro día de inscrición (martes 21) para todos aqueles que non se beneficiaron do programa ‘Envellecemento activo’ no 2024, abrirase o mércores 22 de xaneiro o prazo de inscrición para ‘Vivilo corpo’, dirixido a potenciar as capacidades motoras a través de exercicios de movemento e coordinación (martes e xoves ou mércores e venres en horario de mañá, 60 prazas) e para Informática (40 prazas, martes ou xoves). Ao día seguinte, xoves 23, abre o prazo de inscrición para ‘Exercitar a Memoria’ (actividade para previr o envellecemento cerebral) no Centro Social da Ramallosa. Finalmente, o venres 24 será o plazo para este mesmo curso no Centro Social de Vilameán. Precisamente, esta actividade aumenta un 27% as prazas (de 108 a 138) co obxectivo de que ningún solicitante quede fora.

Facer exercicio, manter a mente activa e non illarse socialmente son os tres eixos que os especialistas recomendan levar adiante para previr deterioros cognitivos, e neles se basa este programa que ofrece o Concello de Nigrán a través da Concellería de Maiores dirixida pola edil María Mayán.

O caracter fundamental do programa é preventivo, a súa finalidade é a de garantir unha maior calidade de vida dos nosos maiores tratando de evitar ou atrasar a aparición de problemas de memoria, do deterioro cognitivo, do Alzheimer e doutros problemas de saúde e de incapacidades; pero tamén de mellorar aqueles que se poidan ter na actualidade e de acadar un maior grado de autonomía e independencia. “Apostamos por políticas que garantan a calidade de vida dos maiores, tamén con turismo social, teatro, bailes e mesmo o centro especializado en demencias neurodexenerativas en Panxón”, indica o alcalde de Nigrán, Juan González.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas