Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación organiza no Museo de Pontevedra proxeccións de ‘Castelao: de chumbo...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra proxeccións de ‘Castelao: de chumbo a verba’ dirixidas a centros escolares

- Anuncio -

A actividade para alumnado de 5º e 6º de educación primaria, ESO e Bacharelato desenvolverase de xaneiro a marzo dentro da programación do Ano Castelao

A Deputación continúa no Museo de Pontevedra a  conmemoración do Ano Castelao cunha nova proposta de actividade dirixida especificamente a centros escolares. Cada mércores pola mañá, do 22 de xaneiro ao 12 de marzo, o auditorio do Museo acollerá un proxección do filme ‘Castelao: de chumbo a verba’, á que se poden inscribir os centros escolares de Pontevedra interesados.

A actividade está dirixida a alumnado de 5º e 6º de educación primaria, ESO e Bacharelato e súmase ás visitas e actividades vencelladas ao artista que xa vén ofertando o Museo. Os centros educativos poden reservar data escribindo a educacion.museo@depo.gal indicando o nome do centro, o número de alumnado por niveis, a persoa de contacto, un número de teléfono e un enderezo de correo electrónico.

‘Castelao: de chumbo a verba’ é un documental ficcionado no que se mestura a época actual, os anos centrais da vida de Castelao e imaxes de arquivo para axudar a entender o seu pensamento e a súa dimensión cultural e política. Dirixido por Miguel López en 2017, con Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa no elenco. Ten unha duración de 60 minutos.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas