Home A Coruña Críticas do Partido Popular de Arzúa á inacción do alcalde ante a...

Críticas do Partido Popular de Arzúa á inacción do alcalde ante a baixada no censo de poboación mentres impide a localización de empresas na comarca

- Anuncio -

• Arzúa perde novamente poboación, con 14 habitantes menos en 2024, 441 dende o anterior mandato de José Luis García.


• O goberno tripartito dedicou cero minutos e cero euros a atraer poboación e empresas, mentres dedica tempo e recursos públicos a proxectos industrias coma Altri e a Mina de Touro-O Pino.


O Partido Popular de Arzúa, no seu papel de oposición, expresa a súa profunda preocupación pola continua baixada do censo de poboación no noso municipio. O pasado ano pechou a cifra en 5.887 habitantes, segundo cifras publicadas recentemente polo INE, baixando en 14 habitantes con respecto á de 2023. Cifra que chega a 441 os habitantes perdidos dende o inicio do mandato de José Luis García, anterior alcalde (2011-2023) e actual tenente de Alcalde.
A falta dun plan estratéxico por parte do alcalde, Xoán Xesús Carril, e do goberno tripartito para atraer poboación e empresas está a levar ao noso concello a unha situación crítica.
O alcalde demostra unha alarmante falta de visión e liderado do seu grupo ao non implementar medidas esenciais como a ampliación do solo industrial e a modificación do plan xeral de ordenación municipal, competencia do BNG. Estas accións son fundamentais para reverter a perda de poboación e fomentar o crecemento económico.
O Partido Popular xa ten demandado do goberno local a alta do concello de Arzúa na figura de “Concello Emprendedor”, que permitiría incentivos a empresas e emprendedores, así como a creación dun espazo para emprendedores, preferentemente en solo industrial.
Para Rafael Rivadulla, voceiro popular, “é moi grave o feito de que o alcalde e resto do tripartito dediquen tempo e recursos públicos a loitar contra proxectos industriais que atraerían poboación e empresas como son Altri-Greenfiber e a Mina de Touro-O Pino”. Engade que “este tripartito dedicou cero minutos e cero euros en accións para atraer poboación e empresas ao noso concello, mentres segue perdendo poboación, é dicir, cero compromiso co desenvolvemento e benestar de Arzúa”.
O Partido Popular de Arzúa insta ó alcalde a reconsiderar as súas prioridades e a traballar nun plan estratéxico integral que inclúa a atracción de novas empresas, a ampliación do chan industrial e a modificación do plan de ordenación municipal que facilite novas obras. Obras que, lamentablemente, están a esperar mesmo 3 ou 4 anos deste concello para a súa aprobación.

Relacionadas

Presentación dos cursos da aula CeMIT do primeiro trimestre do 2025

0
Hoxe presentouse a programación correspondente ao primeiro trimestre do 2025 da aula CeMIT de Ribeira da man do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta...

Unha trintena de persoas participa no proceso selectivo para crear unha lista de emprego...

0
Un total de 34 persoas participan no proceso selectivo, convocado polo Concello de Neda, para crear unha lista de persoal aspirante a funcionario interino...

O Concello comeza a restauración da porta principal do cemiterio de San Amaro

0
Os traballos realizaranse con métodos tradicionais de forxa e recuperando ao máximo os elementos orixinais O Concello comezou a restauración da porta principal que dá...

A Xunta felicita ao Instituto IES Plurilingüe Xosé Neiras Vilas de Oleiros por unha década...

0
— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita o centro, o único de Galicia que desenvolve este programa — Destaca os...

San Sadurniño adxudica en 85.789 euros as obras de ancheado e aglomerado da pista...

0
A estrada é o principal enlace da zona urbana co campo de fútbol e a piscina municipal O Concello de San Sadurniño asinou recentemente o...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

Publicacións Relacionadas