Home Pontevedra O Salnés O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato do servizo de recollida do lixo

- Anuncio -

O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado aceptase dúas alegacións presentadas contra o novo documento que pretendía aprobar o Partido Popular 

Os nacionalistas sinalan que a incapacidade de xestión do señor Martín segue a pasar factura á veciñanza e lembran que xa é a segunda ocasión na que o PP ten que recurrir a un Pleno ‘in extremis’, a dous días de que caduque a concesión actual, para que Sanxenxo non quede sen servizo


O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo denuncia unha nova mostra da incompetencia e a incapacidade de xestión do Goberno municipal do Partido Popular dirixido por Telmo Martín. A última proba desta pésima maneira de dirixir o Concello é o que está a suceder co novo contrato do servizo de recollida do lixo. O PP veuse na obriga de convocar un Pleno extraordinario, de carácter urxente, para o luns 20 de xaneiro, para garantir que a actual empresa concesionaria, Ascan, continúe prestando este servizo, a pesar de que o contrato expira o vindeiro día 22 de xaneiro. Unha medida desesperada e ‘in extremis’ que define á perfección incapacidade de xestión dos ‘populares’.
Esta situación vén provocada pola ineficacia e desinterese do señor Martín, que, tal e como sinalan os nacionalistas, “non se cansa de presumir de ser un bo xestor, cando a realidade sempre o acaba deixando en evidencia”. Lembran desde o Bloque que o contrato que está a piques de finalizar foi aprobado en 2012, cunha vixencia de oito anos, máis dúas prórrogas executadas, de dúas anualidades cada una. O problema xurdiu cando o Goberno local quixo aprobar un novo prego de condicións que se atopou con varias alegacións en contra, que foron

aprobadas polo órgano xurídico competente, o que obriga a volver a redactar o novo contrato. Precisamente, o que se aprobará no Pleno extraordinario será unha proposta para que Ascan continúe executando a recollida e xestión de residuos mentres non se aprobé o futuro contrato. As apelacións aceptadas polo xuíz foron presentadas a raíz da pretensión de Telmo Martín de pretender incluír no pliego a xestión da recollida de roupa usada. Con esta resolución, o Concello quedou sen tempo material para poder aprobar o novo contrato antes de que expire o vixente. A situación é grave por varias razóns, tal e como enumera o voceiro do BNG, Fran Leiro. “En primeiro lugar, este xeito tan chapuceiro de facer as cousas obriga a convocar comisións informativas e Plenos extraordinarios que se poderían ter aforrado, e que supoñen un custo para as arcas municipais. Pero como eses cartos non saen do peto do señor Martín, senón da veciñanza, parece que non hai problema”, ironizou. A outra circunstancia na que inciden os nacionalistas é que este episodio xa se produciu en 2012, cando se aprobou o contrato vixente. Daquela, co Goberno local do Partido Popular, tamén fora necesario recurrir a unha prórroga ‘in extremis’ para que a empresa que daquela era adxudicataria do servizo, Urbaser, continuase garantindo o servizo fóra de prazo.
“É certamente triste e lamentábel que o Partido Popular demostre que é absolutamente incapaz de sacar un concurso de licitación en condicións, máxime cando estamos a falar dun servizo de primeira necesidade para a cidadanía”, indican desde o Bloque. Nin o feito de levar varios anos gobernando, nin de dispor de maioría absoluta, permiten ao señor Telmo Martín facer unha xestión digna, acorde ao que precisan os veciños e veciñas de Sanxenxo. “Hai moitos exemplos da súa ineficacia e das consecuencias que trae a súa política de formigón, pero neste caso queda máis ca demostrado o grande que lle queda o posto que ostenta”, critican os nacionalistas.
“No BNG temos claro que é necesario aprobar a continuidade do servizo mentres non se resolve o novo contrato, pero instamos ao señor Telmo Martín a que se tome con máis seriedade as licitacións”. O grupo da oposición sinala que “é sintomático que un órgano xurídico dea por válida a alegación presentada por dúas entidades distintas, o que demostra que non fixeron ben as cousas”.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025, compartirá unha charla maxistral co...

0
O xoves 23 de xaneiro no Teatro Principal terá lugar a xa tradicional clase maxistral do cineasta  homenaxeado pola AICE   Audi volve ser Vehículo Oficial...

Publicacións Relacionadas