Home Pontevedra Digna Rivas chama á veciñanza a participar este xoves na manifestación en...

Digna Rivas chama á veciñanza a participar este xoves na manifestación en defensa da sanidade pública

- Anuncio -
  • A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, fai un chamamento á cidadanía para que participe este xoves na manifestación organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, que leva por lema “Reconstruír a Área Sanitaria de Vigo”, para reclamar máis persoal e máis recursos. A mobilización partirá ás 19.00 horas desde a Praza de España.
  • Rivas afirma que o obxectivo é “defender unha sanidade pública de calidade para os veciños e veciñas de Redondela”. Denuncia que os Centros de Saúde do municipio están a sufrir “un deterioro sistemático, con esperas de ata 18 días para unha consulta co médico de familia”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto con outros rexedores da área de Vigo, sumouse á convocatoria da plataforma SOS Sanidade Pública para unha manifestación mañá xoves en defensa da reconstrución da área sanitaria de Vigo e para pedir responsabilidades políticas polo “sobrecusto” do hospital Álvaro Cunqueiro. Rivas anima aos cidadáns a saír á rúa mañá para “defender a saúde de todos e todas» e tamén reivindicou que se precisan “máis persoal sanitario e máis recursos” para ter uns servizos sanitarios acordes coas necesidades da poboación. No caso de Redondela, tanto o centro de saúde da vila como o de Chapela están a sufrir “un deterioro sistemático” na atención que prestan á cidadanía. O Sergas non cubre as baixas ou vacacións dos facultativos, o que supón longas lista de espera, “con demoras de ata 18 días para unha consulta co médico de familia”. No caso de pediatría, os días que non hai especialista no Centro de Saúde de Chapela, os pacientes son derivados ao Centro de Saúde de Redondela “co conseguinte trastorno para as familias e a saturación do servizo de Redondela, o que empeora a prestación sanitaria”, tal como denunciaron tamén os colectivos do Consello Parroquial de Chapela.
A alcaldesa concorda coa plataforma SOS Sanidade Pública, que cualifica como “moi grave” que se pagaran 470 millóns de euros máis á sociedade concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, e que tras a redución do proxecto, sexa un hospital “máis pequeno que non responde as necesidades reais da poboación da área”. Isto supón listas de espera máis longas para consultas, probas e intervencións cirúrxicas; cadros de persoal insuficientes; saturación das urxencias e sobrecarga dos profesionais “mentres se invisten millóns para manter o convenio co hospital privado Povisa”.

Relacionadas

A Xunta respalda a nove traídas de augas de Ponteareas con 107.959€

0
• O conselleiro de Presidencia entregou ás traídas de augas as placas identificatorias das axudas • No salón de plenos presentou as novas axudas para...

A Deputación presenta aos colectivos veciñais de Vigo os programas de Acción Comunitaria, dotados...

0
A vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, acompañada do deputado Javier Tourís, puxo en valor estes programas que no 2024 beneficiaron a doce entidades de Vigo...

A Deputación despide en Tui o ciclo de conferencias de Teresa Portela sobre a...

0
O deputado provincial Roberto Carrero presentou a actividade, enmarcada na alianza entre a institución e unha das deportistas con máis renome internacional da provincia...

Luis López salienta o investimento de máis de 330.000 euros por parte da Deputación...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde David Carrera, inaugura a humanización da rúa Alameda, financiada ao 100 % con fondos provinciais O presidente da Deputación...

Un intercambio musical do Conservatorio Víctor Ureña trae a Redondela á banda asturiana Armonía...

0
Dentro do marco da rede de Escolas da Unesco á que pertence o Conservatorio Municipal de Redondela, este 2025 ponse en marcha como primeiro...

A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu recibe a visita do CEIP A Torre...

0
• O alumnado puido coñecer as diversas salas, como a aula infantil, o arquivo e mesmo a terraza exterior A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de...

Publicacións Relacionadas